O concello pontevedrés de Rodeiro acollerá este domingo, 20 de outubro, a XIII Feira da Vaca Rubia Galega do País.
Con este evento pretenden poñer en valor o vacún de carne da Raza Rubia Galega coas características morfolóxicas que destacan no interior da provincia de Pontevedra.
A xornada comezará coa poxa de xatos e xatas, na que participarán uns 10 animais. En segundo lugar celebrarase o concurso de gando no que participarán entorno a 50 animais e no que se entregaran 15 recoñecementos e 6.000€ distribuídos en 5 categorías.
Por último, a feira pecharase coa intervención de diferentes autoridades que acompañarán.
Velaquí o programa:
As 12:00h.- Apertura da Feira da Vaca Rubia Galega do Pais.
Ás 12:30h.- Poxa de xatas e xatos de Raza Rubia Galega.
Ás 13:30h.- Entrega de premios das diferentes categorías.
Ás 14:15h.- Palabras institucionais.
Ás 14:45h.- Xantar de confraternidade.