Concurso de fotografía para visibilizar a labor da Muller Rural

O Concello da Pastoriza convoca a sétima edición deste certame. O prazo para participar é do 1 ao 8 de outubro

Fotografía gañadora na última edición do concurso

Fotografía gañadora na última edición do concurso, celebrada en outubro do 2024

Co gallo do Día Internacional da Muller Rural, que se celebra cada ano o 15 de outubro, o Concello da Pastoriza convoca a sétima edición do Concurso de Fotografía que pretende visibilizar ás mulleres do municipio e reivindicar a importancia do papel feminino tanto nas explotacións agrogandeiras coma en todas as actividades relacionadas coa vida no rural.

Para participar neste concurso só é preciso enviar unha fotografía disparada cunha cámara ou un teléfono móbil na que saia unha muller que viva no concello da Pastoriza ou sexa orixinario del, indicando un título para a imaxe. 

As fotografías poderán enviarse dende o 1 oa 8 de outubro ao enderezo de correo electrónico concursofotografiamullerrural@gmail.com. Ao día seguinte, o día 9, publicaranse as fotografías participantes na páxina de facebook do Concello da Pastoriza. Poderán votarse até o día 15 e a gañadora será a instantánea que máis gústame teña. 

Cada 15 de outubro celébrase o Día Internacional da Muller Rural, unha efeméride instaurada pola ONU no ano 2007

A Asemblea Xeral da ONU estableceu en 2007 esta efeméride para recoñecer a contribución da muller rural ao desenvolvemento agrícola, á melora da seguridade alimentaria e á erradicación da pobreza.

O Concello da Pastoriza organiza este certame que ten por obxectivo reivindicar o papel fundamental que as mulleres teñen como soporte demográfico, social, económico e laboral das parroquias e aldeas rurais. “As mulleres rurais contribuen ao desenvolvemento dunha comunidade, son o sostén impresdincible dos pobos e manteñen vivas as aldeas”, defende o tenente de alcalde da Pastoriza, Marcos García Lombardero, que explica que por medio desta iniciativa pretenden “visibilizar a través da fotografía ás nosas mulleres rurais, ás máis próximas, ás da Pastoriza”, pois afirma que “as mulleres son o piar fundamental do 99% das casas, e nese outro 1% é onde xa non queda ninguén”.  

cartel concurso fotografia muller rural A Pastoriza

bases concurso fotografia Muller Rural A Pastoriza 2025

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información