A Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal – PEFC GALICIA e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia – COETFG, poñen en marcha o CONCURSO DE FOTOGRAFIA “O futuro é de madeira” co fin de dar a coñecer a importancia de xestionar os montes de forma sostible, englobando os aspectos sociais, ambientais e económicos, da súa conservación e do seu aproveitamento, das persoas que viven, traballan e gozan deles, os traballos que se realizan, a cadea de subministración de materia prima nunha industria forestal moderna, innovadora e responsable, os procesos de transformación, os produtos con base forestal que empregamos no día a día, a multitude de usos da madeira…
A participación é gratuíta, e o prazo de recepción de fotografías comeza o 1 de setembro e finalizará o 01 de novembro de 2021. O concurso está aberto a todos aqueles interesados, desde fotógrafos profesionais, afeccionados, ata quen goza da natureza, do monte e dos seus produtos, e o ámbito das fotografías é Galicia.
Os participantes poderán enviar ata 5 imaxes, e só poderán presentar as súas fotografías a través da páxina: https://pr.easypromosapp.com/p/924744
Premios:
PRIMEIRO PREMIO: Aloxamento de 2 noites para 2 persoas nas Cabaniñas do Bosque, situadas en Outes (A Coruña). www.cabanitasdelbosque.com Por cortesía de DO ARTESANATO
SEGUNDO PREMIO: Conxunto de utensilios de cociña elaborados en madeira e acompañados do libro “El bosque en tu paladar. Sabores de bosques sostenibles” co asesoramento gastronómico da Chef Charo Val e editado por PEFC España.
TERCEIRO PREMIO: Caixa agacha tesouros con marco fotográfico incorporado, e un USB con capacidade de 32GB elaborados con madeira certificada PEFC.
PREMIO ESPECIAL CADEA MONTE-INDUSTRIA: Vale de 100€ para a compra de produtos certificados PEFC en LEROY MERLIN ESPAÑA, S.L.U. Por cortesía de LEROY MERLIN ESPAÑA, S.L.U.
Este premio especial é especifico para aquelas fotografías que representen os traballos que se executan nos montes e os seus procesos de transformación ao longo da cadea monte-industria para obter un produto final natural, renovable, reciclable e biodegradable. Só este tipo de fotografías poderán acceder ao premio especial, sen menoscabar o dereito de acceder a calquera dos outros premios.
Os gañadores anunciaranse o 10 de novembro do 2021.
Toda a información e as bases do concurso en: www.pefcgalicia.org e www.forestaisgalicia.es
Colabora XERA, Axencia Galega da Industria Forestal.