Conclúe con datos moi positivos a vendima en Valdeorras: Máis de 7 millóns de quilos de uva

Publicidade
Conclúe con datos moi positivos a vendima en Valdeorras: Máis de 7 millóns de quilos de uva

Vendima na DO. Valdeorras

A campaña da vendima 2021 conclúe oficialmente na DO. Valdeorras cun total de 7.097.379 quilos de uva recollidos. Desta cifra, de novo a variedade godello segue a ser a maís abundante con 4.333.760 quilos. Tras ela, por orde de importancia sitúanse a mencía (1.714.006 quilos), a garnacha tintorera (473.393 quilos) e a variedade palomino fino (449.766 quilos).

Xa en menores cantidades e en sentido decrecente temos a variedade sousón (50.477 quilos); a tempranillo (37.461 quilos); a albarello (17.448 quilos); a merenzao (11.354 quilos); caíño tinto (3.365 quilos); mouratón (2.240 quilos); gran negro (1.345 quilos) e dona branca (764 quilos).

Colleita de elevada calidade

Tras case dous meses de traballo nas viñas, a vendima finaliza cunha suba de máis do 30% no número de quilos recolleitos en relación a 2020. Xunto “ao considerable aumento en cantidade” tamén cómpre sinalar, tal e como lembra o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, que as uvas posúen “unha calidade óptima” e que permitirán a elaboración de viños “que seguirán recollendo premios en distintas partes do mundo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información