Produtoras e produtores en ecolóxico e de zonas desfavorecidas, afectadas pola xestión de fondos públicos da Consellaría do Medio Rural, concentraranse ás 13.00h de mañá, mércores 21 de decembro, diante do Parlamento Galego en Santiago de Compostela, convocadas polo Sindicato Labrego Galego. Esta acción busca esixir medidas ante a exclusión por parte da Consellería do Medio Rural das axudas para ecolóxico a unha parte importante das ganderías solicitantes.
A secretaria xeral do SLG-CCLL e gandeira, Isabel Vilalba, denuncia que “as deficiencias na xestión destas axudas están impedindo o desenvolvemento dun dos sectores considerado crucial polas institucións a nivel europeo e estatal para garantir unha alimentación sa e de calidade, así como o coidado do noso medioambiente”.
O calendario de mobilizacións comezou cunha concentración o pasado venres en Lugo.
Cartel da concentración:

Cartel coa proclama da concentración. Fonte: Sindicato Labrego Galego.