Concentración este martes dos agricultores e gandeiros da Limia ante a situación “insostible” do sector

Concentración este martes dos agricultores e gandeiros da Limia ante a situación “insostible” do sector

Este vindeiro martes, día 22, ás 12:00 horas da maña, terá lugar na praza Carlos Casares de Xinzo unha concentración dos agricultores e gandeiros da comarca da Limia ante a situación “insostible” do sector pola forte suba dos custes de produción.

A esta concentración convocan as organizacións agrarias Sindicato Labrego Galego, Federación Rural Galega (Fruga), Unións Agrarias, a Asociación de Produtores de Pataca da Limia e a Asociación de Empresarios Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal).

“O sector agrogandeiro da Limia está a pasar por un momento delicado ante a suba dos custes de produción (fertilizantes, pensos, gasóleo, electricidade…etc), ata o punto de facer insostibles moitas explotacións e con incertidume para a sementeira das novas colleitas”, advirten os organizadores.

Ante esta situación, fan un chamamento á solidariedade e piden o apoio de todos os sectores para que acudan á concentración do vindeiro martes, onde farán a lectura dun manifesto conxunto co fin de defender os intereses da comarca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información