Concedidos apoios a 279 explotacións agrarias para mellorar a xestión de estercos, enerxía ou agricultura de precisión

Concedidos apoios a 279 explotacións agrarias para mellorar a xestión de estercos, enerxía ou agricultura de precisión

Foxa de xurro cuberta. / Arquivo.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións da Consellería do Medio Rural sobre os apoios concedidos ó agro no marco do Plan de Recuperación e Transformación (Next Generation), financiado ó 100% con fondos europeos especiais que se habilitaron a raíz da pandemia da Covid 19. En total, son 279 explotacións agrarias as que se benefician, cun investimento total de 23 millóns de euros, segundo os datos que facilita a Consellería en nota de prensa.

A convocatoria das axudas, que se lanzara a principios do pasado ano, partía con catro liñas diferenciadas, todas co fin común de mellorar a sostibilidade ambiental e económica das granxas: xestión de estercos, agricultura de precisión, eficiencia enerxética e modernización de invernadoiros. Resumimos a continuación a resolución de cada liña:

Mellora da xestión de estercos
Un total de 83 ganderías recibirán apoios para mellorar a xestión de estercos. En concreto, as liñas subvencionables orientábanse principalmente a financiar a cubrición de balsas de xurro e a proxectos de separación sólido – líquido dos xurros, compostaxe ou nitrificación – desnitrificación.

O obxectivo dos proxectos situábase en reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro ou limitar as escorrentías de nitratos a acuíferos ou cauces fluviais.

Agricultura de precisión
A liña orientada a agricultura de precisión, as chamadas tecnoloxías 4.0, foi unha das máis concurridas, cun total de 196 explotacións agrarias e empresas beneficiarias. Pódese consultar no DOG a lista de solicitudes aprobadas e denegadas.

Eficiencia enerxética
Para eficiencia enerxética e instalación de enerxías renovables, aprobáronse un total de 13 proxectos, que se poden consultar na correspondente resolución do DOG.

Invernadoiros
En canto á liña de modernización e transformación de invernadoiros, houbo só 2 solicitudes e ambas foron denegadas por incumprimentos das bases da convocatoria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información