Concedidas 24 axudas para maquinaria agrícola en réxime asociativo

Concedidas 24 axudas para maquinaria agrícola en réxime asociativo

Maquinaria dunha cooperativa. / Arquivo.

Un total de 24 cooperativas agrarias de toda Galicia recibiron en conxunto 2,4 millóns de euros en axudas para o fomento do uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo, na convocatoria correspondente a 2020. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a resolución da Consellería do Medio Rural que fai públicas estas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Estas subvencións benefician a cooperativas agrarias, de utilización de maquinaria agrícola (Cumas), de explotación comunitaria da terra ou tamén a sociedades agrarias de transformación. Con elas procúrase fomentar o uso de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, impulsar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego e racionalizar os custos de mecanización.

Outros obxectivos pasan por incrementar os mecanismos de seguridade no traballo, reducir as emisións contaminantes e promover o aforro enerxético.

As axudas apoian, en concreto, os custos de adquisición de maquinaria agrícola e os estudos técnicos-económicos de viabilidade daquelas entidades asociativas do sector agrario que queiran dar servizo aos seus socios a través deste sistema que permite compartir a maquinaria.

O importe das subvencións acada en principio un 35% dos custos, pero esta porcentaxe pode incrementarse ata un máximo do 50% en función de criterios que priman a localización da entidade en zonas con limitacións naturais e o feito de que o beneficiario proceda dunha fusión de cooperativas.

maquinas f

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información