A Xunta de Gobierno de CONAFE aprobou unha ctualización das tarifas dos servizos de Recría Xenómica (RG) e Dobre Valoración (DV) cun obxectivo claro: que todos os gandeiros asociados poidan utilizar a mellor información dispoñible para decidir que femias recriar, que axustes realizar e como acelerar o avance dos seus rabaños.
Desde agosto de 2026, a Recría Xenómica CONAFE terá unha tarifa basee de 15 € por mostra. A Dobre Valoración será opcional por 20 € adicionais, para as ganderías que queiran contar tamén coa valoración procedente da información de CDCB e Holstein USA.
Ademais, as ganderías adheridas manteñen o valor engadido do asesoramento CONAFE: preseleccións de femias, preseleccións de machos e axustes completos anuais, un paquete valorado en 180 € que se ofrece sen custo adicional dentro do servizo.
A decisión chega apoiada por datos. Tras 14 anos de programa xenómico e con resultados xa visibles en varias ganderías pioneiras en Recría Xenómica, a evolución dos quilos de leite por día de vida mostra avances moi superiores ás referencias autonómica e nacional.
Entre 2016 e 2025, algunhas destas ganderías pasaron aproximadamente de 17 a case 24 kg de leite/día de vida; outras, de 15 a preto de 20; e outra de 18 a máis de 24. En todos os casos, a mellora acumulada sitúase ao redor de +5 a +7 kg de leite por día de vida, mentres as medias de referencia avanzan de forma moito máis moderada.
Cinco exemplos de ganderías que avanzan máis rápido
A táboa e o gráfico seguintes mostran unha mesma tendencia: as ganderías que incorporaron de forma continuada a Recría Xenómica, os axustes e o asesoramento CONAFE avanzan con máis rapidez que as referencias de comparación, tanto en progreso fenotípico medido en kg de leite por día de vida como en indicadores xenéticos de produción, saúde, lonxevidade e control de consanguinidade.

A evidencia tamén se observa nos índices xenéticos. Na análise publicada en Frisona Española sobre os novos índices, CONAFE estudou 12.000 xovencas genotipadas nadas en 2018 e 2019. As xovencas situadas no 25% superior polos índices acabaron producindo polo menos 7.000 kg máis de leite vitalicio estandarizado que as do 25% inferior. Co novo IM€T Leite 2026, a diferenza alcanza 8.165 kg ECM e 0,31 lactaciones máis.
Utilidade dos novos índices xenéticos
Produción vitalicia real de 12.000 vacas xenotipadas
Comparación entre o mellor e o peor cuartil de xovencas xenotipadas nadas en 2018-2019, segundo os índices xenéticos publicados por CONAFE

Tendencias xenéticas e perfil de xovencas nunha gandería con RG e axustes CONAFE
Outro exemplo publicado por Revista Frisoa mostra como unha gandería que comezou a genotipar en 2017 e a usar axustes CONAFE en 2020 logrou reducir a consanguinidade das súas tenreiras durante tres anos seguidos, pasando de estar máis de medio punto por encima da media a medio punto por baixo, mentres seguía distanciándose da media en ICO e, ademais, mantívose a nivel xenético nos caracteres de óptimo intermedio dentro do rango ideal. É dicir: máis progreso xenético, mellor control da consanguinidade e unha selección máis precisa.
Análise dunha gandería en recría xenómica e con axustes CONAFE:

Galego









Control OJD