A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Con nós, o gandeiro pode marchar tranquilo porque todos os traballos da granxa quedan cubertos”

Servizos Gandeiros VG realiza substitucións en granxas leiteiras e de carne, apoio en campañas de ensilado e peches e desbroces de fincas. Traballan con clientes de toda Galicia e en Asturias

Servizos Gandeiros VG4A falta de man de obra, ben sexa de maneira permanente ou en momentos puntuais, é un dos problemas máis habituais cos que se atopan as explotacións gandeiras. Contar cun servizo de substitución profesional e de confianza é unha garantía para cubrir baixas laborais, descansos ou vacacións e días libres.

En toda Galicia e Asturias traballa Servizos Gandeiros VG, unha empresa radicada en Lugo e con ampla experiencia no sector. “Levo sobre uns 16 anos traballando nisto, antes estiven de empregada nunha granxa”, explica Julia Vidal Barcón, que decidiu montar a súa propia empresa de substitucións no ano 2021 vendo as necesidades que había en moitas granxas.

A súa experiencia amosa as carencias que hai no sector: “Teño dado con gandeiros que levaban dous anos esperando para operarse dun xeonllo porque non tiñan quen lles quedara na granxa”, relata a responsable de Servizos Gandeiros VG

Levo 16 anos traballando en granxas de leite e decidinme a montar a empresa vendo a falta de personal que había no sector

Servicios Gandeiros VG traballa de maneira estable con medio cento de explotacións en Galicia, sobre todo nas provincias de Lugo e A Coruña, e tamén en Asturias, onde teñen un equipo de forma permanente. Cubren sobre todo descansos e vacacións programadas de maneira habitual, pero tamén urxencias e baixas do persoal. “Outras moitas chámannos para casos puntuais, como unha boda ou a festa do patrón da parroquia”, conta Julia.

Servizo integral

Persoal da empresa muxindo nunha granxa

Persoal da empresa muxindo nunha granxa

O que distingue a VG é un servizo integral. “Cubrimos todo tipo de servizos de granxa, ordeño, limpeza da sala, cubículos, silos, alimentación de becerros e de vacas. O básico dunha granxa facémolo todo, mesmo facemos o carro nas granxas nas que hai carro. Porque de pouco serve que lle vaiamos muxir se despois non ten quen lle faga o carro. Con nós o gandeiro pode marchar tanquilo porque quedan todos os traballos cubertos”, asegura.

Ademais de muxir, facer camas e dar o leite aos becerros, tamén facemos o carro

Ademáis de substitucións para muxir en granxas de leite, tamén os chaman para apoio en campañas de ensilado ou para tapar silos e en explotacións de vacún de carne para facer peches de fincas, limpezas do fío do pastor ou desbroces.

Mesmo axudan en tarefas puntuais máis esporádicas ou estacionais como picar leña ou nas matanzas. “Ao ir ás granxas a muxir sempre che piden axuda para outros traballos”, conta Julia.

Coñecemento individualizado de cada granxa

Servizos Gandeiros VG conta cun equipo de 8 persoas traballando de maneira permanente, que nas campañas se incrementa notablemente. “Buscamos xente porque non damos feito, hai moita demanda, cada día máis”, recoñece a responsable da empresa.

Traballan a prezo pechado por día de traballo. “Mandamos presuposto antes e planeamos os calendarios cun mes de antelación. Os clientes que empezaron con nós cando abrimos seguen con nós. Xa temos datas gardadas para o 2027”, salienta en relación á confianza que teñen neles.

Sempre van os mesmos traballadores ás mesmas granxas para coñecer as dinámicas de cada unha

O seu sistema de traballo busca adaptarse ás necesidades de cada explotación, coñecendo previamente as rutinas de traballo de cada unha. “Todos os traballos son iguais, pero cada granxa é un mundo, polo que sempre van os mesmos traballadores ás mesmas granxas para que desta maneira poidan coñecer as dinámicas de cada unha”, conta.

Apoio para a transición ao robot

A crecente robotización das explotacións non reduce as necesidades de man de obra, senón que fai que cada vez máis esta teña que ser máis especializada. A versatilidade do equipo de traballo co que conta Servizos Gandeiros VG fai que muxan tanto en granxas pequenas con circuito como noutras grandes con sala ou con robot. “Traballamos todos os sistemas de muxido”, salienta Julia.

Buscamos xente porque non damos feito; hai moita demanda, cada día máis

Entre os servizos que ofrecen está tamén o de apoio na transición ao muxido robotizado. “Cando se fai o cambio ao robot os primeiros días son complicados e nós temos máis experiencia por ir a outras granxas con robot”, argumenta.

PRECISAS AXUDA NA TÚA GRANXA?

Servizos Gandeiros VG

– Teléfono: 641 680 077

– Email: serviciosganaderosvg@gmail.com

Servizos Gandeiros VG3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *