SAT Vila Alborés, ubicada no lugar de Vilaferreiros, no concello de Mazaricos, é unha das explotacións leiteiras máis grandes de Galicia. Moxen neste momento 600 vacas e están iniciando as obras dunha nova ampliación que lles vai permitir acoller outras 300 máis.
Esa previsión de crecemento fai que neste momento teñan o establo saturado de animais, coas consecuencias que iso ten a nivel de pesebre e alimentación. “Agora mesmo temos as vacas algo amontoadas pensando en medrar. Temos moitas vacas para pouco comedeiro e iso obríganos a acumular moita comida no pasillo de alimentación, tanta que temos un arrimador pero tivemos que deixar de usalo porque non dá achegado”, recoñece Abel.
Esta situación puntual, que desaparecerá en canto poidan trasladar unha parte dos animais ás novas instalacións, é unha especie de bomba de reloxería para a estabilidade da ración, polo que fai máis dun ano optaron por incorporar diariamente o produto Galmix Toxigal, con bos resultados.
Desde que o empezamos a usar vainos ben; temos a ración máis estable
“Desde que o empezamos a usar vainos ben, temos a ración máis estable, as vacas están mellor e nós estamos máis tranquilos”, aseguran na SAT Vila Alborés. “É un produto que temos que usar para previr porque se tes un problema estropéache o mes enteiro; por iso hai que blindarse o máis posible con este tipo de produtos”, din.
“Cando os silos están algo tocados notamos diferenza”
Coa suba das temperaturas, Galmix Toxigal convértese nun produto imprescindible para impedir a fermentación da mestura unifeed no pesebre. “No verán nótase máis, porque a comida está mellor e non quece. Antes tiñamos que mover máis a comida e aínda así ás veces fermentaba”, admiten.
Antes tiñamos máis problemas de empachos e diarreas
Os problemas de incremento da temperatura da ración ten efectos na saúde global do rabaño, xa que se unha vaca inxire comida quente desencadéanse unha serie de problemas dixestivos e metabólicos e xérase un proceso inflamatorio como parte da resposta inmunitaria do animal. “Antes tiñamos máis problemas de empachos e diarreas”, recoñece Abel.
Ese incremento inflamatorio xerado provoca que a vaca teña que destinar máis recursos a loitar por recuperar a súa saúde e menos á produción de leite, polo que cando a ración está quente a vaca come menos e por enriba aproveita menos do que come, o que fai que a produción de leite diminúa por partida dobre.
Lograr altas producións
En SAT Vila Alborés están a tres muxiduras e teñen unha produción media de 43 litros por vaca e día, o que os obriga a facer as cousas ben en todos os aspectos que están relacionados coa eficiencia produtiva, como o benestar animal, a reprodución ou a alimentación do gando.
“As vacas tes que mimalas para que dean 43 litros. Este produto axúdanos a que a ración se manteña en bo estado máis tempo e as vacas a coman mellor, incrementando tamén por iso a inxesta”, afirma Abel.
Ao actuar descontaminando a mestura unifeed de bacterias, fungos e micotoxinas, Toxigal permite corrixir silos en mal estado
Ao actuar descontaminando a mestura unifeed de bacterias, fungos e micotoxinas, Toxigal permite corrixir silos en mal estado ou cun deficiente estado de conservación, evitando ou retardando a súa refermentación no pesebre e minimizando os seus efectos negativos. “Cando os silos están algo tocados, notamos diferenza”, destaca Abel.
Doado de utilizar
SAT Vila Alborés é unha das explotacións integradas en Ganxabar, a cooperativa que xestiona en conxunto as forraxes e a recría de 8 ganderías das comarcas do Xallas e A Barcala. Diariamente cárgase a ración no centro de alimentación ubicado na parroquia de San Cosme, no concello de Mazaricos, e repártese polas granxas que son socias. Non todas as explotacións engaden Galmix Toxigal á mestura, como fai Abel, ao que lle chega xa incorporado o produto á ración que toman as súas vacas en produción. “Xa llo botan no carro; para nós é cómodo”, destaca.
En Forxabar basean a ración que reparten ás ganderías leiteiras socias no ensilado de millo e o gran húmido
Toxigal non varía a composición da ración nin altera desde o punto de vista nutricional os contidos en proteína, enerxía e fibra da mestura, polo que non hai que modificar a formulación elaborada polo nutrólogo da explotación.
A dose recomendada está entre os 100 e os 150 gramos por vaca e día. O modo de administración é moi sinxelo, xa que o produto preséntase en sacos de 25 kg para utilizar directamente a nivel de granxa, recomendándose engadilo ao carro mesturador no momento no que se incorpora o penso, para axudar a unha distribución uniforme por toda a ración.
Toxigal non varía a composición da ración, polo que non hai que modificar a formulación elaborada polo nutrólogo da explotación
O produto leva un carrier moi miscible que fai que todos os principios activos do produto se repartan de xeito homoxéneo na comida que vai inxerir o animal para que o produto realice a súa función en cada quilo de alimento que come a vaca.
PARA COÑECER MÁIS SOBRE O PRODUTO OU SABER CAL É O DISTRIBUIDOR MÁIS PRÓXIMO:
Teléfono: 627505107
Email: oficina@sogaco.com
Web: www.sogaco.com
“Hai 10 anos que comercializamos este produto e cada vez son máis as ganderías que o usan”
Cada vez máis ganderías leiteiras de alta produción están a apostar por incorporar produtos estabilizantes á ración como o que fabrica e comercializa desde Vigo a empresa Sociedade Galega de Correctores (SOGACO).
O seu xerente, Álvaro Naya, que tamén é veterinario, destaca as vantaxes de Galmix Toxigal, que consegue un efecto 3 en 1, evitando que a ración se quente e ao mesmo tempo hixienizando o propio carro mesturador e neutralizando os fungos e micotoxinas de silos en mal estado.
O produto funciona e o boca a boca está a facer que teña un crecemento anual importante
Na súa composición, GALMIX TOXIGAL C/ MP leva paredes celulares de levadura e silicatos que actúan como inhibidores de micotoxinas e incorpora tamén ácidos orgánicos con función bactericida e funxicida para evitar as fermentacións anormais que se poden producir no carro e os incrementos posteriores de temperatura da ración no pesebre.
Rede de distribuidores por toda Galicia
Sogaco traballa cunha rede de distribuidores que cubre toda Galicia, sobre todo almacéns, fábricas de penso e cooperativas. Galmix Toxigal está empezando a venderse tamén fóra de Galicia. “Temos clientes en Asturias e noutras comunidades”, salienta Álvaro.
Galmix Toxigal cada vez é máis necesario pola subida das temperaturas que está provocando o cambio climático
“Levamos 10 anos comercializando este produto cun crecemento anual importante. Cada vez son máis as ganderías que o usan e cada vez é máis necesario pola subida das temperaturas que está provocando o cambio climático. O produto funciona e o boca a boca fixo que as súas vendas medraran un 15% no último ano sen facer ningún tipo de esforzo comercial pola nosa parte”, salienta.