A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Con Galmix Toxigal logramos no verán unha ración estable e manter a produción de leite”

Coñecemos a experiencia de Gandería Pena SC con Galmix Toxigal, un produto 100% eficaz fabricado pola Sociedade Galega de Correctores que se incorpora ao carro mesturador e consegue secuestrar os fungos e micotoxinas dos silos

Fernando Pena, cun saco de Galmix Toxigal na súa granxa en Castenda (Tordoia)

Fernando Pena, cun saco de Galmix Toxigal na súa granxa en Castenda da Torre (Tordoia)

Os meses do verán sempre son problemáticos nas explotacións leiteiras. Incremento de células no tanque, perda de calidades no leite, baixada da produción, dificultades para que as vacas empreñen … son algunhas das consecuencias que as ganderías notan todos os días.

Unha das partes máis sensibles e que se ve máis prexudicadas polo incremento da temperatura ambiental, sumada á alta humidade, é a ración de alimentación do gando. En días calorosos ou de tormenta é habitual que queza e mesmo que fermente no pesebre, reducindo drasticamente a apetencia e os niveis de inxesta por parte dos animais e provocando consecuencias graves sobre a saúde metabólica e de ubre das vacas en produción, xerando maior risco de mamites e outras afeccións.

Para evitalo, cada vez máis granxas están a utilizar Galmix Toxigal, un produto galego e 100% eficaz que logra estabilizar a ración no pesebre. Producido pola empresa SOGACO (Sociedade Galega de Correctores) nas súas instalacións de Vigo, actúa como secuestrante de fungos e toxinas dos silos e como hixienizador do carro mesturador.

“Supón un aforro porque non tes que tirar comida”

Comezamos a usar Galmix Toxigal fai uns 5 anos porque no verán e en épocas de calor viamos que quecía a comida no pesebre. Aínda que fora en bo estado, en días calorosos podía chegar a quecer. E a verdade é que desde que o utilizamos vimos bastante melloría”, conta Fernando Pena, da gandería Pena SC, ubicada na parroquia de Castenda, en Tordoia.  

Destaca sobre todo a “estabilidade” que o produto fabricado por SOGACO aporta á mestura unifeed durante todo o día. “Para min ten moitas vantaxes, porque me dá tranquilidade e afórrame traballo e cartos porque non teño que tirar comida”, di.

O que lles sobra ás vacas de leite poido usalo nas xatas con todas as garantías

Gandería Pena moxe nestes momentos unha 115 vacas. Para o lote de produción prepara uns 6.000 kg diarios ración a base de silo de millo, silo de herba e penso. O carro mesturador da CUMA á que pertence a granxa vén todos os días arredor das 10 e media da mañá.

Antes de que chegue o carro, Fernando limpa o pesebre e aproveita as sobras de comida para as xatas. “Se un día me sobran 100 ou 200 kg da ración das vacas non os teño que tirar, porque están perfectamente e sei que non lles vai facer mal ás cuxas de recría porque esa comida se vai aguantar en perfecto estado. Eses quilos de comida que aproveito valen cartos; xa pagan o produto”, valora.

Eu antes tiraba moita comida, porque non me arriscaba a usala para a recría

Antes, sen embargo, recoñece que “tiraba moita comida”. “Non me arriscaba a que puidera estar mal e non lla botaba á recría”, di. “Noteino moito na comida que levo para as xatas que teño na casa, na nave vella, onde están as becerras até o momento de inseminar. Levo 300 kg da ración de leite das vacas e tenme para dous días, déixoa un pouco estendida e non me quece nin teño ningún problema cando antes pola tarde xa fervía”, conta.

Efectos sobre a calidade do leite

Nas vacas de leite, manter unha ración de alimentación estable e apetecible todo o día é unha garantía para evitar baixadas na produción e mermas na calidade do leite. “Nalgunha ocasión, que por algún motivo deixei de usar o produto no verán durante tres ou catro días, notei cambios nas analíticas do leite no tanque, por exemplo algún repunte no reconto de células somáticas por algunha mamite espontánea consecuencia da alimentación, pero se o uso de continuo vexo que está o tema moito máis controlado”, di.

Gandería Pena mantense todo o ano por baixo das 100.000 células e 10.000 bacterias

Nas camas utilizan unha mestura ao 50% de carbonato con serrín como material de recheo e limpan os cubículos 4 veces ao día, polo que a hixiene na granxa é máxima, pero “a outra pata para evitar mamites é a alimentación”, asegura Fernando.

“Antes de usar Galmix Toxigal teño notado caídas de produción por baixadas no consumo de comida e incrementos de células puntuais nas analíticas do Ligal que coincidían con días de calor e eran debidos ao requecemento da ración, porque os silos eran os mesmos, a ración non se cambiaba e o carro era o mesmo. Pero pode estar a comida impecable no momento de facela, que como queza non lles gusta e non a comen. Nas xovencas tamén vai haber efectos sobre o seu crecemento, pero non se van ver de xeito tan inmediato coma nunha vaca en produción. E nas secas tamén é importante que consuman a cantidade de materia seca necesaria”, detalla. 

“Cada vez que abrimos un silo novo, botámolo”  

Gandería Pena usa Galmix Toxigal ao longo de todo o ano, de maneira continua nos meses do verán e de xeito puntual cada vez que abren un silo novo. “Ese ano empezamos a usar o produto xa no mes de maio porque viñeron uns días de moita calor e botarémolo polo menos até finais de setembro, pero o resto do ano, cando abrimos un silo novo tamén o utilizamos, porque tes que abrir moito frente xunto e pode haber máis risco de atoparte cunha comida en mal estado”, explica Fernando.

No verán, dun día para outro o tempo cambia e o estado do silo tamén

Ao actuar como secuestrante de micotoxinas, outras granxas optan por non suspender o produto no inverno e usalo de maneira continua os 365 días do ano como un xeito de curarse en saúde fronte a un silo en mal estado.

A dose recomendada é de entre 100 e 150 gramos por vaca e día e o produto vén en sacos de 25 kg para mesturar co penso no carro á hora de elaborar a ración, polo que o modo de emprego a nivel de granxa é moi sinxelo. “No meu caso, eu utilizo un saco diario, que reparto entre a ración das vacas de leite, a das secas e as xovencas”, indica Fernando.  

PARA COÑECER MÁIS SOBRE O PRODUTO OU SABER CAL É O DISTRIBUIDOR MÁIS PRÓXIMO:

Teléfono: 627505107

Email: oficina@sogaco.com

Web: www.sogaco.com

“Por moitos ventiladores que teñas, se a comida fermenta, non fixeches nada”

GANDERIA PENA SC (Tordoia) racion Galmix ToxigalO cambio climático está a deixarse notar tamén en Galicia. Os episodios de calor son máis frecuentes e duradeiros e os seus efectos negativos sobre a produción leiteira son xa unha realidade a día de hoxe en moitas zonas da comunidade desde o mes de xuño até finais de setembro.

As vacas comezan a notar os efectos do estrés por calor a partir dos 25 grados de temperatura, que en moitas zonas de Galicia se acadan xa desde xuño até setembro. As caídas na produción superan os 3 litros diarios, segundo os estudos realizados recentemente polo Ligal e a Facultade de Veterinaria de Lugo, e os seus efectos negativos son acumulativos, de maneira que a caída da produción non se recupera facilmente nos días posteriores ao episodio de calor extremo.

As vacas comezan a notar os efectos do estrés por calor a partir dos 25 grados de temperatura, que en moitas zonas de Galicia se acadan xa desde xuño até setembro

Tamén son persistentes as consecuencias reprodutivas, con descensos importantes na fertilidade nos meses do verán que as explotacións arrastran despois durante todo o ano cun aumento dos días en leite das vacas en produción, un retraso nos partos e unha diminución na recría dispoñible.  

Medidas para evitar o estrés por calor

Gandería Pena dispón de ventiladores e aspersores de auga tanto sobre a liña do comedeiro como na sala de espera para o muxido. Pero Fernando argumenta que “por moitos ventiladores que teñas, se a comida che fermenta no pesebre, non fixeches nada”.

Por iso nesta granxa de Tordoia combinan os elementos de mitigación da calor ambiental don Galmix Toxigal como estabilizador da ración. “Eu no verán usámolo de maneira continua e o resto do ano en función da calidade do silo e do tempo e desde que o botamos eu nunca vin quecer a ración no pesebre”, di.

Ao facer a ración unha vez soa ao día tes máis risco de que queza; o ideal no verán sería facela dúas veces

En canto ao manexo da alimentación, “nos meses do verán procuramos sempre repartir a ración de maneira uniforme en todo o comedeiro, sen amontoala, e dispoñemos de robot arrimador para movela ao longo do día; todo axuda, pero o produto para min é fundamental”, insiste Fernando.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *