A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Compost do Barbanza: o abono orgánico que a terra precisa

Esta empresa localizada en Lousame (A Coruña) elabora compost a partir dos residuos orgánicos domésticos e de restos forestais. O resultado é un adubo orgánico maduro que aumenta a fertilidade do solo agrícola e forestal.

Compost do Barbanza: o abono orgánico que a terra precisa

O Compost do Barbanza aplícase en agricultura e forestal.

A materia orgánica recollida selectivamente nos concellos da comarca do Barbanza transfórmase, a través dun proceso natural de fermentación e maduración, nun abono orgánico chamado compost que lle devolve á terra materiais que antes se extraeron dela.

Compost do Barbanza mellora as propiedades do solo e achega nutrientes ás plantas, favorecendo o crecemento dos cultivos.

Cales son as propiedades de Compost do Barbanza?

TABOA_PROPIEDADES_COMPOST_BARBANZA

Para que podemos utilizar o Compost do Barbanza e en que medidas?

TABOA_DOSES_COMPOST_BARBANZA

Como mercar Compost do Barbanza?

Chamando ao teléfono 981 191 240 ou ao 639 107 638

Tamén directamente na planta de Compost do Barbanza en Lugar da Poza, Servia s/n. 15212 Lousame (A Coruña).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *