Un dos maiores desafíos aos que se enfrontan as gandarías do século XXI é dar solución aos problemas de saúde que presentan os animais sen ter que acudir a tratamentos veterinarios, xa que estes incrementan os custos e empeoran a calidade do produto que chega ao consumidor final.
Ao longo deste artigo ímosche a contar como podes dar resposta a este problema se dirixes unha gandaría bovina.
– Protexerás a saúde das túas vacas durante o período de transición e posparto.
– Reducirás custos en tratamentos veterinarios.
– Mellorarás a calidade do leite do teu gando e o seu valor no mercado.
– Aumentarás a rendibilidade da túa explotación.
O Benestar animal e as enfermidades das vacas
Satisfacer os criterios do benestar animal é un dos retos máis importantes que deben asumir as gandarías actuais. Ademais de que hai que cumprir coas regulacións, está demostrado que criar animais de produción seguindo estes criterios eleva a rendibilidade final do negocio.
A crianza do gando bovino non se escapa a esta consideración e por iso é fundamental garantir que as vacas vivan nas mellores condicións.
É necesario que as proveas do seguinte:
– Unha boa alimentación con alta calidade nutricional.
– Un ambiente confortable e sen factores de tensións.
– Unha boa saúde que preveña ou cure lesións ou enfermidades.
– Unha contorna social que favoreza un comportamento natural.
É sabido que existe unha relación directa entre o benestar co que se cría ao gando e o seu estado de saúde. Esta relación vese comprometida en etapas críticas na vida da vaca como o período de transición ou o de posparto.
Mamite e metrite durante o período de transición e posparto
O período de transición é a etapa da vida das vacas leiteiras ao redor do parto e require dunha especial atención para garantir que se cumpran as condicións xa citadas.
Durante o posparto, a saúde da vaca é vulnerable e vólvese máis propensa a sufrir contaminacións bacterianas. Estas derivan en inflamacións que poden chegar a ameazar a súa vida se non se tratan debidamente. As principais son:
-Mamite: É unha enfermidade infecciosa causada por microorganismos patóxenos. Estes xeran desequilibrios nos mecanismos de defensa naturais do teto e a glándula mamaria da vaca.
Nestes casos, o animal ten unha reacción inmunitaria que aumenta as células somáticas do leite, provocando unha importante caída na produción e un empeoramento na calidade do produto.
-Metrite: É unha enfermidade infecciosa do útero que se desenvolve durante os 21 días posteriores ao parto e que pode provocar que o animal entre en cetose, ademais de desprazamento de abomaso ou outros problemas.
Esta inflamación provoca un empeoramento na produtividade do animal xa que, ao sentirse enferma, a vaca deixa para comer e a produción de leite redúcese. Ademais, aumenta o intervalo entre o parto e a nova fecundación da vaca, así como o número de inseminacións.
Realizar un bo manexo, conseguir unha adecuada hixiene ou manter ao animal libre de tensión non son as únicas misións que tes como gandeiro para previr enfermidades infecciosas como a mamite ou a metrite.
Calquera déficit nutricional durante o período de transición aumenta as posibilidades de que a túa vaca se converta en vítima destas enfermidades. Isto deriva nunha diminución na cantidade e na calidade do leite que produce o animal, así como nun importante incremento nos custos veterinarios que deberás asumir.
Ao tratarse de enfermidades infecciosas, durante moitos anos estes problemas afrontáronse mediante a subministración de antibióticos. Hoxe en día, grazas aos avances tecnolóxicos e á ciencia do quorum sensing, é posible loitar contra estas patoloxías sen necesidade de utilizar estes tratamentos antimicrobianos que afectan á calidade do leite.
Por que Vitalvit mellora a saúde da vaca e a rendibilidade do gandeiro
Como alternativa saudable aos tratamentos antibióticos, Animalvit proponche a utilización de Vitalvit. É un penso complementario mineral de alta calidade, ideal para fortalecer o sistema inmunitario das túas vacas durante o período de transición e posparto.
Vitalvit mellora a saúde xeral da túa vaca e, grazas a que contén un potente axente antiinflamatorio, actúa de maneira rápida contra a mamite sen requirir un período de supresión en leite ou carne.
Este bolo natural é ideal para reducir o reconto de células somáticas sen necesidade de máis tratamentos. Isto incide directamente na calidade do leite e reduce os custos veterinarios que deberás afrontar.
Vitalvit non só cura senón que ten efecto preventivo se se utiliza durante o parto. Tamén mellora a condición da vaca no posparto, aumentando as súas defensas para combater os efectos de posibles metrites.