Como traballar nas campañas de recolección agrícola?

A decisión da Administración de facilitar o traballo de persoas desempregadas nas campañas de recolección agrícola xera expectación, pois calcúlase que se precisan máis de 100.000 temporeiros. Repasamos algunhas das posibilidades de acceder ás ofertas de traballo no sector

Como traballar nas campañas de recolección agrícola?

Campaña de froita de óso en Lleida. / Imaxe: Afrucat.

As distintas campañas de recolección e traballo no campo, que se sucederán nos próximos meses en zonas como Aragón, Comunidade Valenciana, Castilla La Mancha ou Andalucía, precisarán de máis de 100.000 temporeiros. A necesidade de tal volume de man de traballo levou á Administración a facilitar o traballo de desempregados no campo, dadas as dificultades para o movemento de persoas doutros países.

A medida xerou expectación entre o colectivo de persoas desempregadas, se ben hai descoñecemento sobre como participar nas campañas de recolección. Repasamos a continuación como se poden coñecer as ofertas de traballo concretas para as colleitas.

O portal de emprego oficial do Goberno recolle as demandas de emprego que canalizan as empresas agrarias a través dos servizos autonómicos de emprego. Non hai ningún enlace específico para as campañas de recolección agrícola, pero a web ofrece un buscador que permite filtrar as ofertas de interese por sector e ubicación.

Se se fai unha busca sobre o emprego dispoñible en agricultura, saen máis de 300 resultados en toda España. Afinando o proceso coa busca ‘peón agrícola’, saen 31 resultados para ofertas como recollida de froita en Aragón, campaña do arándano e da fresa en Huelva, recollida de espárragos en Guadalajara ou traballo en invernadoiros e campos de froiteiras en Castilla y León, todos eles traballos temporais que adoitan ofrecer varios meses de contrato.

Á hora de inscribirse nas ofertas de traballo agrícolas, cómpre ter en conta que polas restriccións de movemento derivadas do coronavirus, as empresas teñen instrucións para priorizar ós demandantes con residencia máis próxima a súa ubicación.

Desde o sector agrícola, lémbrase ademais que o traballo nas distintas campañas de recolección é duro, polo que precísase estar en boa forma física e ter capacidade para desenvolver longas xornadas de traballo, en ocasións baixo altas temperaturas.

Outras opcións
A parte do portal de emprego público, existen ofertas periódicas en portais de emprego privados ou webs de anuncios. Entre as asociacións empresariais do campo, pódense atopar tamén bolsas de traballo para as campañas de recolección, como a que lanzou recentemente a Asociación de Empresas de Fruta de Cataluña (Afrucat), ou a da organización agraria Asaja, que presentou estes días unha bolsa de traballo tanto para empresarios que demanden man de obra como para traballadores que queiran participar nas campañas agrícolas de recolección.

Desde as Administracións autonómicas, ofrécese tamén información sobre as necesidades de man de obra por meses, provincias e campañas, como é o caso desta web da Junta de Andalucía dirixida a persoas temporeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información