¿Como solicitar a axuda para vendima en verde e canto recibirá o viticultor en cada DO galega?

Publicidade
¿Como solicitar a axuda para vendima en verde e canto recibirá o viticultor en cada DO galega?

Vendima en verde

Os viticultores acollidos a unha Denominación de Orixe xa poden solicitar ata o día 23 de deste mes as axudas do Ministerio de Agricultura para realizar a vendima en verde.

O Goberno repartirá en total 10 millóns de euros dunhas axudas que se poden solicitar por parcela -debe ter un mínimo de 3.000 metros cadrados- e que están pensadas para facer frente á crise causada no sector pola pandemia do coronavirus COVID-19: as vendas de viño desplomáronse polo peche da hostalaría e das exportacións e hai temor de que para esta vendima as adegas non recollan toda a uva aos viticultores ou o fagan a un prezo moito menor. De aí esta medida para retirar uva do mercado con antelación mediante a poda en verde dos acios.

No caso das Denominacións de Orixe Galegas as estimacións do importe das axudas que realiza o Sindicato Labrego Galego son os seguintes:

axudas poda en verde do

E adicionalmente:

-Vendima en verde manual (aplicado o 60%) en € / ha: 1.140

-Vendima en verde manual con contribución en especie (aplicado o 60%) en € / ha: 840
-Vendima en verde mecánica (aplicado o 60%) en € / ha: 950

-Vendima en verde química (aplicado o 60%) en €/hectárea: 400

-Vendima en verde química con contribución en especie (aplicado o 60%) en € / ha: 230

Máis información sobre como solicitalas nesta ligazón

“Unhas axudas que non se adaptan á realidade galega”

Para o Sindicato Labrego estas axudas do Ministerio de Agricultura “exclúen boa parte do sector vitícola galego” e bota en falta por parte da Xunta “axudas directas adaptadas á realidade galega e destinadas a garantir unhas rendas dignas a viticultores e viticultoras”.

En primeiro lugar, o SLG critica que poñen un prazo de tan só cinco días, até o 23 de xuño, “polo que moi posiblemente boa parte dos viticultores e viticultoras non saiban a tempo desta posibilidade”. “Pero, ademais, impoñer a obriga de realizar as xestións só por vía telemática tampouco axudará nun rural no que a calidade das telecomunicacións é bastante deficiente”, advirten.

Polo demais, a organización agraria denuncia que “non se adaptan para nada á realidade galega, pois só amparan viñedos cunha superficie superior aos 3.000 m², co cal exclúe moita viña que non acada ese tamaño, tendo en conta que en Galicia a superficie media dos viñedos é de 1.400 m²”. .

Por último, o Sindicato Labrego considera que “a contía é moi baixa se pensamos en castes autóctonas e uva de calidade, polas que se teñen apostado fortemente nos últimos anos na Galiza”. “Se temos en conta os prezos habituais da uva nas nosas denominacións de orixe, as axudas de poda en verde non cubrirían nin a metade do valor”, critican.

Necesidade de axudas directas adaptadas á realidade da viticultura galega

Bernardo Estévez, responsábel do Sector do Viño do SLG, explica que estas axudas saen dun decreto “feito para favorecer as zonas produtoras de grandes graneis, como Castela A Mancha ou Estremadura”.

Indo máis alá das axudas, Bernardo Estévez subliña a necesidade de que se implique a Consellaría de Medio Rural creando axudas propias para Galiza adaptadas á realidade do noso sector vitivinícola e, ademais, como mediadora para garantir uns prezos dignos. “O que teñen que garantir as diferentes administracións é que os viticultores e viticultoras profesionais teñan garantidos uns ingresos mínimos para poder pasar esta campaña e ter a capacidade de seguir coa actividade nos vindeiros anos. Da mesma maneira que se está axudando ao sector do turismo ou do automóbil, cómpre axudar ao sector vitícola no seu conxunto, e aí entramos os viticultores e as viticultoras como base da cadea. Nese senso, a Consellaría de Medio Rural ten moito que dicir e aportar pero, a día de hoxe, aínda non temos ningunha medida de calado para apoiarnos”, afirma.

Pola súa banda, Xosé Manuel Parente, coordinador do SLG nas comarcas do Ribeiro e Valdeorras, concreta que “precisamos un plan propio galego con medidas que realmente sexan efectivas e garantan a supervivencia da nosa viticultura”. Neste sentido, defende que “hai que habilitar unha axuda directa ás explotacións, tendo en conta o prezo medio da uva das últimas tres campañas, para garantir a renda dos viticultores e viticultoras”.

“Ademais, a Consellaría de Medio Rural ten que implicarse para que nesta campaña non quede uva sen recoller, con axudas tamén ás adegas que recollan a uva e cumpran cos prezos”, conclúe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información