Un dos desafíos históricos aos que se enfrontan os criadores de animais de produción é facer fronte ás enfermidades provocadas por intoxicacións con micotoxinas, as chamadas micotoxicosis. Estas intoxicacións producen múltiples efectos prexudiciais para a saúde e a produtividade animal, ademais de representar unha ameaza para os humanos.
As micotoxinas poden chegar a causar importantes danos no rabaño e deixar un destacado impacto económico na gandería. A presenza de micotoxinas nas materias primas coas que se alimenta o gando pode derivar en:
● Menor produtividade por inmunodepresión e aumento de enfermidades.
● Máis visitas veterinarias por dificultades nos diagnósticos e por problemas de fertilidade.
● Menor desenvolvemento do animal por ausencia de apetito ou perdas de enerxía.
● Contaminación dos produtos para consumo humano.
As micotoxinas e os seus efectos
As micotoxinas son metabolitos tóxicos de orixe natural producidos por fungos. Estes crecen en materias primas do campo como plantas ou grans, así como durante o seu proceso de almacenaxe ou o seu transporte. Segundo a FAO, as micotoxinas están presentes no 25% da produción mundial de cereais.
Para que o fungo xere micotoxinas deben darse as condicións adecuadas de temperatura e humidade, ademais doutros factores como o tipo de solo, a susceptibilidade do cultivo, etc.
Como afectan as micotoxinas á rendibilidade dos animais de produción?
A inxesta de micotoxinas nos animais de produción representa un risco potencial para a súa saúde e, en consecuencia, unha ameaza para a rendibilidade da granxa.
O efecto das micotoxinas sobre a saúde do animal depende de varios factores:
● O tempo de inxestión e a dose inxerida.
● A idade, o estado nutricional e a riqueza da microbiota intestinal do animal.
● A presenza previa de infeccións ou parasitos.
Nos casos en que a inxesta de tóxicos sexa alta e prolongada no tempo, o animal presentará signos clínicos evidentes.
Cando os niveis de inxesta sexan moi baixos, a presenza de micotoxinas nos alimentos provocará cambios bioquímicos e funcionais no intestino e no sangue do animal. Isto fará que se dane a súa barreira intestinal, permitindo o paso dos tóxicos ao torrente sanguíneo, xerando inflamacións e afectando gravemente ao seu sistema inmunitario.
En ámbalas dúas situacións, o crecemento e a rendibilidade do animal vense condicionados, o que provoca un impacto importante nos resultados económicos da granxa. A este problema hai que sumarlle outros que tamén poden comprometer a rendibilidade da gandería:
– Aumento dos custos de atención veterinaria.
– Perdas económicas pola eliminación de alimentos e pensos contaminados.
– Falta de resposta a programas de vacinación e outros tratamentos.
– Perda de vidas humanas e animais.
– Necesidade de maior investimento en prevención e medidas de control.
Ademais, cando os produtos para consumo humano teñen residuos tóxicos, o criador vese inmerso nun problema moi grave relacionado coa seguridade alimentaria. Isto pode derivar en sancións e compensacións por reclamacións e poñer en cuestión a imaxe pública da granxa.
Efectos das micotoxinas na saúde no vacún de leite
Para comprender o impacto que as micotoxinas teñen no vacún de leite é importante destacar que os ruminantes metabolizan as micotoxinas dunha maneira diferente que os animais monogástricos. Isto débese a que, en determinadas circunstancias, as bacterias e protozoos do rumen son capaces de detoxificar total ou parcialmente algúns tipos de micotoxinas. Así, unha boa nutrición axuda a que o fígado e o rumen actúen mellor contra as micotoxinas. Con todo, cando estas superan a barreira ruminal e chegan ao intestino, prodúcese unha alteración na saúde do animal.
Como norma xeral, a presenza de micotoxinas no organismo da vaca reduce a produción de leite e retarda o seu desenvolvemento. Isto débese a que o animal intoxicado inxere menos alimentos e non asimila os seus nutrientes de maneira correcta.
A continuación enumerámosche as principais micotoxinas que afectan as vacas e os seus efectos máis destacados:
● Aflatoxinas: Inmunodepresión, disfunción hepática, residuos carcinogénicos no leite, etc.
● Zearalenona: Inmunodepresión, celos irregulares, aumento de abortos, etc.
● Toxina T-2: Inmunodepresión, úlceras, diarrea, mamite, incremento nas células somáticas, problemas de fertilidade, etc
● Deoxinivalenol: Inmunodepresión, disfunción hepática, mamite, incremento das células somáticas, problemas de fertilidade, etc.
● Fumonisina: Inmunodepresión, disfunción hepática, problemas intestinais, etc
Esta información pon de manifesto que o impacto económico das micotoxicosis na economía das ganderías pode ser enorme. Isto obriga ao sector agropecuario a establecer medidas de prevención e a aplicar tratamentos aos animais para eliminar os efectos das micotoxinas no seu organismo.
Elitox fronte ás micotoxinas
Á hora de loitar contra as micotoxinas hai dous frentes importantes ós que prestar atención. Por unha banda a prevención e eliminación de micotoxinas no alimento e por outra, a eliminación de micotoxinas no metabolismo do animal. É importante sinalar que as micotoxinas son moi estables e resistentes a diferentes condicións de almacenamento e procesamento e que é difícil detectar a súa presenza nas fases previas á inxesta.
En relación á presenza de micotoxinas nos alimentos procedentes do campo, o sector ten a difícil misión de verificar os mesmos en busca de contaminación fúnxica. Tamén é necesaria a revisión e mellora constante dos métodos de cultivo, recolección e almacenamento. Por último, pódense eliminar ou diluír as toxinas dos alimentos ou balanceados contaminados antes da súa inxesta.
Esta combinación de estratexias é a que usa Elitox, da firma especializada en nutrición animal AnimalVit. Elitox, é un secuestrante de micotoxinas con ingredientes naturais que é apto e rexistrado para todas as especies animais. Esta solución permite a absorción de micotoxinas por combinación de minerais que non afectan os nutrientes e a desintoxicación mediante extractos naturais con actividade encimática.
Desde o seu lanzamento nos 90, Elitox veu evolucionando grazas a continuas investigacións in vivo. Este secuestrante actúa no intestino do animal contra unha ampla gama de micotoxinas e endotoxinas, á vez que prevé os síntomas asociados á micotoxicosis.
Entre as principais vantaxes de Elitox na saúde animal atópanse as seguintes:
● Potencia o sistema inmunitario.
● Protexe o fígado e reforza a súa capacidade para desintoxicar ao animal.
● Axuda a suprimir a inflamación.
● Ten propiedades para curar feridas.
● Achega vitamina C para reducir os síntomas derivados da intoxicación.
● Produce efecto antioxidante.
● Mellora o rendemento zootécnico en caso de micotoxicosis.
● Reduce reconto de células somáticas en vacas
● Diminúe o número de vacas con mamite clínica grave.
Estes beneficios son claves para a protección da saúde do animal de produción, o que axuda a asegurar uns resultados económicos óptimos para os criadores.