¿Como incide a dixestibilidade da fibra das forraxes na produción de leite?

Ángel Ávila Coya, consultor experto en nutrición de vacún de leite, presentou nas últimas xornadas técnicas da cooperativa Delagro os avances que se están producindo no estudo da dixestibilidade da fibra das forraxes

A dixestibibilidade da fibra das forraxes cobra cada vez máis importancia na nutrición do gando vacún, tal e como corroboraron diversas investigacións nos últimos anos. Así, a grosso modo, un silo de millo con menos porcentaxe de almidón e de materia seca pero con fibra máis dixestible, debido a que se cultivou no punto óptimo e coa planta aínda verde, producirá máis leite que outro con máis porcentaxe de almidón e de materia seca.

Así o puxo de manifesto Ángel Ávila, experto consultor en nutrición de vacún de leite durante as últimas xornadas técnicas da cooperativa Delagro sobre “Cultivo de forraxes e pastos: Un modelo ambiental e socio-económico no norte da península ibérica”.

No seu relatorio “A dixestibilidade da fibra e o seu impacto na eficiencia”, o experto chamou a atención sobre o descoñecemento que existe sobre como se comporta a fibra no rume e como se dixire. “Canto máis dixerible sexa unha forraxe maior vai ser o seu consumo, e por tanto maior será a produccion de leite, de graxa e de proteína que logremos coa mesma”, incidiu.

Autor: Ángel Ávila Coya

Autor: Ángel Ávila Coya

Desde o punto de vista químico a fibra das paredes celulares dos vexetais componse de celulosa, hemicelulosa e lignina. Este conxunto coñécese como Fibra Neutro Deterxente ou FND. Canto maior sexa o seu contido nun cultivo menor será o valor nutricional do mesmo para a produción de leite e carne. É o que se coñece como Valor Relativo da Forraxe (VRF) tal e como se mostra na siguente táboa de clasificación:

Autor: Ángel Ávila Coya

Autor: Ángel Ávila Coya

Desta forma, a inciencia da dixestibilidade dunha forraxe vémola na produción de leite cando cambiamos de silo:

Autor: Ángel Ávila Coya

Autor: Ángel Ávila Coya

“Desta forma, un silo de millo cunha porcentaxe de materia seca do 30% e un 30% de almidón vai ser moito máis dixerible que un cunha porcentaxe de almidón do 35% e do 38% de materia seca. O máis produtivo en leite vai ser o segundo, por moito que un gandeiro igual preferiría o primeiro”, subliñou Ángel Ávila.

Outra forma de medir a dixestibilidade dunha forraxe é mediante o cribado de feces: O obxectivo é que na primeira grella da criba para as partículas máis grosas quede menos dun 10% de partículas, no segundo para fibras de tamaño medio deposítese menos do 20% e no terceiro as partículas máis finas representen máis do 50% do peso da mostra. En caso de mala dixestión da fibra (fibra picada moi longa, millo moi seco, grans mal procesados) a primeira parte pode representar até o 60%.

“En definitiva, o que determina a maior ou menor dixestibilidade da fibra dunha forraxe é o seu maior ou menor contido en lignina dentro da Fibra Neutro Deterxente (FND) -composta tamén por celulosa e hemicelulosa-, que se concentra sobre todo nos talos da planta para darlle soporte, e menos nas follas. Desta forma, podemos ter dúas forraxes coa mesma FND pero un ser máis dixerible que outro debido a que ten menos lignina”, explica Anxo Ávila.

“Por tanto -engade- é moi importante saber o nivel de degradabilidade que ten a FND dunha forraxe, posto que a maior degradabilidade no rume da fibra haberá maior enerxía e proteína dispoñible para a produción de leite, sólidos e outras funcións do organismo”.

AFNDmo: O novo concepto para medir a dixestibibilidade da fibra nunha forraxe

Neste sentido, Ángel Ávila recalcou que é necesario revisar e actualizar os parámetros da Fibra Neutro Deterxente para valorar de forma máis real a dixestibilidade, e por tanto o valor nutrional, dunha forraxe.

Así, explicou o novo termo de aFNDmo, ou fibra nuetro deterxente materia orgánica que se obtén co uso de amilasa e corrixido polo contido de cinzas da forraxe.

“Durante a colleita, o ensilado e henificación de forraxes pode ocorrer contaminación con terra, sobreestimando a FND e comprometendo a saúde do rume, ao crer que se está ofrecendo unha cantidade adecuada de FND real”, explica o experto.

Neste sentido, recomenda que “cando enviamos a anlizar as nosas forraxes , usando un laboratorio que utiliza a plataforma do modelo Cornell, debemos ser moi rigorosos en pedir unha analítica da FND libre de cinzas ou aNDFom, polas súas siglas en inglés”.

Autor: Ángel Ávila Coya

Autor: Ángel Ávila Coya

Forraxes co mesmo contido de lignina pero con diferente dixestibibilidade: Por que?

Por tanto, a maior dixestibibilidade da aFNDmo haberá maior produción de enerxía e de biomasa microbiana ou proteína dispoñible para que o animal poida producir leite. Unha maior dixestibibilidade da aFNDom (suma da fibra potencialmente dixestible ou pdNDF e da fracción indixestible ou uNDF) levará tamén un incremento no consumo de materia seca por parte da vaca.

Porén, podemos ter dúas forraxes co mesmo contido de lignina e diferentes taxas de dixestión da fibra. A este respecto, Ángel Ávila explicou que ademais do contido de lignina, a dixestibilidade dunha forraxe tamén depende da interacción con outros compostos da fibra como a hemicelulosa, o que determina que estea máis ou menos dispoñible para a súa dixestión polos microorganismos do rume da vaca.

Neste sentido, a Universidade de Cornelll (Estados Unidos) desenvolveu a chamada curva de dixestión da aFNDmo, con tres compartimentos ou pools:

-Pool 1: dixestión rápida da fibra entre as 0 e as 30 horas despois de ser inxerida, de forma que pasará máis rápida polo rume. “O obxectivo mínimo que nos deberiamos marcar é estar por riba do 60% de dixestibilidade ás 30 horas, tanto para silo de millo como de herba”, subliña Anxo Ávila.

-Pool 2: dixestión da fibra entre as 30 e as 120 horas, coñecido como pool de dixestión lenta.

-Fracción indixestible da fibra ou uNDF polas súas siglas en inglés: vai das 120 ás 240 horas, e o que queda até as 240 xa non é dixerible polo rume.

Por tanto, a evolución das analíticas vai das clásicas onde non se concretaba que parte da fibra é dixerible ás máis modernas nas que se detalla tamén que parte da fibra é dixerible a distintos intervalos de tempo:

Autor: Ángel Ávila Coya

Autor: Ángel Ávila Coya

En canto á dixestibilidade da fibra en ensilados de millo, nestes dous exemplos obsérvase como dous silos de millo coa mesma aFNDom pero con distintas porcentaxes de materia seca (42 e 30%) teñen tamén distinta dixestibilidade da fibra ás 30 horas: 56 e 72%, respectivamente.

Autor: Ángel Ávila Coya

Autor: Ángel Ávila Coya

Situación que se repite neste outro exemplo: dous silos coa mesma porcentaxe de almidón pero distinto de materia seca teñen case 20 puntos de diferenza de dixestibilidade da fibra ás 30 horas:

Autor: Ángel Ávila Coya

Autor: Ángel Ávila Coya

Por tanto, a maior porcentaxe de materia seca nun silo menor dixestibilidade da forraxe, e en concreto da fibra:

Autor: Ángel Ávila Coya

Autor: Ángel Ávila Coya

Situación que tamén se produce nos ensilados de raigrás:

Autor: Ángel Ávila Coya

Autor: Ángel Ávila Coya

Para medir o seu impacto na produción, Ávila lembrou que “por cada incremento de 1 unidade de FNDom digxestible logramos incrementar 0,18 kg o consumo de materia seca e producimos 0,25 kg máis de leite”.

Por tanto, empregar unha forraxe máis ou menos dixerible ten unha importante repercusión tanto na inxesta de materia seca como na produción de leite. A modo de exemplo, un silo de raigrás co 90% da fibra dixerida no rume antes das 30 horas terá un consumo por parte da vaca 27 quilos superior a un moito máis lignificado, con só o 41% consumido no pool rápido:

Autor: Ángel Ávila Coya

Autor: Ángel Ávila Coya

Ademais, o seu impacto na produción de leite será de case 6 litros diarios menos de leite:

Autor: Ángel Ávila Coya

Autor: Ángel Ávila Coya

Conclusións:

Como conclusións Ángel Ávila destacou que:

-O uso da dinámica de dixestión da fibra ou FNDom permítenos predicir de mellor forma o uso da forraxe por parte do rumiante.

-Non basta soamente con falar do contido total de fibra ou tamaño de partícula dunha forraxe, senón saber o contido tanto de FNDom dixestible como de uNDF (indixerible).

-Con estas determinacións coñeceremos mellor a dixestión total da ración e o seu potencial sobre a produción de leite, os sólidos e os parámetros fisiolóxicos do animal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información