¿Como impactou o coronavirus Covid19 no prezo do leite en cada país?

¿Como impactou o coronavirus Covid19 no prezo do leite en cada país?

Expertos en produtos lácteos de 70 países debateron sobre a crise láctea relacionada con Covid-19 durante a 21ª Conferencia de Produtos Lácteos da IFCN -un centro de investigación con sede en Alemaña e que analiza a evolución da produción láctea a nivel internacional- do 2 ao 3 de xuño. O evento centrouse no estado do sector lácteo e na forma de entrar e saír da crise.

En concreto, analizaron a evolución do prezo nacional do leite en orixe en 75 países entre os meses de febreiro e maio deste ano, para medir o impacto da crise provocada polo coronavirus Covid19. Os prezos diminuíron de media un 4,6%.

Porén, hai dous países grandes que poderían considerarse como o “epicentro da crise láctea”: Estados Unidos e India, con caídas de -29% e -19%, respectivamente. A enquisa entre os expertos en lácteos revelou que un terzo consideraba que o seu país só estaba ao comezo da crise. Pero tamén, dous terzos dos participantes pensaron que xa se chegou ao fondo da crise.

A saída da crise

As perspectivas para o prezo mundial do leite en 2020 que manexan os expertos da IFCN seguen sendo complexas, e os mercados futuros e as opinións dos analistas non son coincidentes. A principios de xuño, os mercados futuros de produtos lácteos esperan unha rápida recuperación dos prezos do leite para alcanzar un nivel de USD 35/100 kg de leite en xullo. Isto pódese describir como un escenario de prezos en forma de “V”.

Sen embargo, a maioría dos expertos en produtos lácteos na conferencia espera unha recuperación en forma de U e, por tanto, un período de tempo máis longo ata que se alcancen novamente os niveis de prezos anteriores. A razón é o sólido crecemento da produción de leite en 2020 até o momento, xunto cunha alta probabilidade de diminución da demanda per cápita como resultado da crise económica.

“Requirirase máis investigación sobre as existencias de lácteos e o posible cambio da demanda de lácteos nos países en desenvolvemento de produtos lácteos informais a formais, o que podería ter un impacto positivo nas importacións de lácteos”, apuntan desde o IFCN.

O IFCN actualizará a súa investigación nos próximos meses para axudar ás persoas vinculadas ao sector lácteo a navegar mellor nestes tempos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información