A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Como facer fronte ao picudo vermello, a praga que está a arrasar palmeiras en toda Galicia

Como facer fronte ao picudo vermello, a praga que está a arrasar palmeiras en toda Galicia

Picudo vermello nunha palmeira

El Sabio, proxecto empresarial que centra a súa actividade no ámbito da ferraxaría, da bricolaxe, do fogar, do campo e do xardín, promoveu unha charla técnica online para os seus asociados de toda España sobre como facer fronte ao picudo vermello, unha praga que existe nas palmeiras de Galicia desde 2013 e que está moi asentada en determinadas provincias galegas, en particular nas da Coruña e Pontevedra.

A formación, impartida polo experto arborista Tino Meis, responsable da empresa Arbogal, fixo fincapé na importancia de previr o ataque deste coleóptero, en como protexer as palmeiras e en como preservar o patrimonio paisaxístico e etnográfico que en moitas zonas de Galicia está conformado por palmeiras. De feito segundo o experto, “en Galicia existen as palmeiras máis icónicas de España en canto a tamaño”.

Ofrecer un asesoramento profesional

A sesión formativa impartiuse para que os asociados de El Sabio poidan ofrecer aos seus clientes un asesoramento profesional na procura de solucións para a prevención e control desta praga que, só na provincia de Pontevedra, tal e como afirmou Tino Meis, “supuxo a perda de 85% das palmeiras existentes, ou o que é o mesmo, de máis de 10.000 unidades”.

Noutras zonas de Galicia non existen datos actualizados pero o problema é especialmente perentorio en concellos como Oleiros ou Sada, ambos na provincia da Coruña.

Sistema para a prevención e o control da praga

Para combater este problema, o especialista presentou aos asistentes ao webinar un sistema para a prevención e control da praga denominado Tree Care e promovido por Syngenta, que resulta efectivo “practicamente ao 100%”.

O tratamento consiste na aplicación dun formulado realizado a partir dun principio activo denominado emamectina, conformado por unha molécula de procedencia natural obtida a partir da fermentación dun microorganismo.

O produto débese aplicar preferentemente na primavera ou verán e inxéctase directamente na savia da palmeira, de modo que se distribúe por todo o seu percorrido vascular, protexendo o exemplar completo.

“A persistencia do produto alcanza os 360 días, cunha mortalidade das larvas de picudo do 95%”, sinala Meis. “Ademais, este sistema é seguro non só para a palmeira, senón tamén para os polinizadores, para o medio ambiente e para as persoas e as súas mascotas”, engade o experto.

É o sistema de endoterapia máis efectivo e eficiente posto que todo o produto aplicado queda no interior da palmeira, sen fugas nin verteduras e os orificios quedan perfectamente selados. O produto conta con autorización de uso por parte do Ministerio de Agricultura.

Sobre  El Sabio

O proxecto  “El Sabio” forma parte do Grupo Internaco, empresa galega líder no sector de forestal e de xardinaría presente en máis de 50 países e que continuou coa súa estratexia de diversificación e crecemento introducíndose de cheo no sector do comercio por xunto de ferraxaría. 

Internaco desenvolveu esta nova marca para proporcionar a ferreteiros locais todos os recursos necesarios (a nivel de produto, imaxe de marca e tecnoloxía) que lles permitan abrir ou transformar as súas tendas cun respaldo e asesoramento integral, pero con identidade propia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *