A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

¿Como calcular os custos nunha gandaría de vacas de carne e detectar os puntos de mellora?

¿Como calcular os custos nunha gandaría de vacas de carne e detectar os puntos de mellora?

Poucas actividades reúnen en si mesmas dous aspectos tan apaixonantes e de realización do ser humano como a do gandeiro de vacas nutrices:

1.- Por unha banda, pola súa contribución ao coidado do medio ambiente, co aproveitamento dos pastos e restrollos, colaborando na prevención de incendios e a loita contra o abandono das nosas zonas rurais.

2.- Doutra banda, pola realización dunha actividade empresarial, buscando a eficiencia e rendibilidade para o seu negocio.

É neste segundo aspecto no que nos centraremos neste artigo. Nos últimos datos publicados polo MAPA, o censo de vacas nutrices de vacún de carne do 2020 en Galicia foi 219.263 animais, das cales case o 50% atópase na provincia de Lugo, o 25% na Coruña, o 15% en Ourense e o 10% en Pontevedra. Nos últimos anos, este censo tivo unha evolución lixeiramente positiva, cunha diminución importante no número de explotacións.

En canto ao sistema de produción conviven dous tipos de gandarías de vacún de carne:

1- Gandaría Extensiva: A estancia do animal nos pasteiros dáse practicamente durante todo o ano, sen apenas instalacións e con suplementación só nas épocas de escaseza de verán e inverno. Predominan as razas autóctonas, especialmente na montaña de Ourense e norte de Lugo. Neste sistema, os tenreiros pasteiros adoitan venderse a cebadeiros para rematalos até o sacrificio.

2- Gandaría Semi-intensiva: Con instalacións para dar acubillo aos animais a maior parte do tempo, excepto nos momentos do día que saen a aproveitar os pastos. As vacas son suplementadas a diario con herba seca e ensilados de herba e ás veces de millo. Os tenreiros cébanse na propia granxa, aproveitando o leite das súas nais e suplementados con concentrados até os 8-9 meses de vida. Adoitan ser gandarías de raza Rubia Galega, que abundan na zona centro-sur de Lugo e A Coruña.

En calquera caso, convén resaltar que gran parte das gandarías de vacas nutrices que hai en Galicia son unha combinación en maior ou menor medida destes dous sistemas e os principais custos nas granxas van variar moito en función do sistema de explotación.

Nas explotacións gandeiras semi-intensivas, o peso das instalacións vai influír moito máis nos custos fixos que no caso das gandarías extensivas. O mesmo ocorre co custo da alimentación.

Podemos ver a desagregación dos custos dunha gandaría de vacún extensivo no seguinte gráfico:

Distribución en porcentaxe de custos nunha gandaría de vacún de carne:

DE HEUS Distribucion en % de costes en una ganadería de vacas nodrizas

Como podemos observar no gráfico, o custo da alimentación supón case o 50% dos custos totais da explotación gandeira, mentres que a man de obra, ben propia ou asalariada, supón o 30% dos custos totais.

En ambos os casos, trátanse de gastos ligados directamente coa situación de mercado e evolución dos prezos de materias primas. Isto implica buscar puntos de mellora dentro de cada gandaría e aproveitar ao máximo os recursos dispoñibles en granxa, algo que conseguiremos coa análise de forraxes e a utilización de pensos complementarios a medida, para así optimizar ao máximo a eficiencia alimentaria dos animais.

Obxectivos produtivos nunha gandaría para que sexa os máis rendible posible:

Doutra banda, é necesario definir uns obxectivos produtivos na nosa gandaría para que sexa os máis rendible posible:

1.- Idade ao primeiro parto aos 24 meses:

Mediante un bo manexo e nivel de alimentación, trataremos de conseguir que as xovencas alcancen un desenvolvemento corporal axeitado para poder cubrilas ao redor dos 14-18 meses. Desta forma, alcanzarán o primeiro parto aos dous anos, con boa viabilidade e maior produtividade que se o parto se atrasase aos 3 anos como adoita ser habitual.

As xovencas que pairen novas, con boa condición corporal, adoitan vivir máis no rabaño, ter intervalos entre partos máis curtos e maior prolificidade. É importante diferenciar ben entre a condición corporal adecuada e o peso vivo alto.

O número de xovencas e becerras ten que garantir tanto a reposición como unha selección constante de animais, de forma que garantan a mellora continua do rabaño.

É necesario conseguir unha taxa de reposición mínima do 10%, e nas condicións actuais do mercado serían recomendables taxas que alcancen un 15%, aumentando a eliminación de vacas adultas pouco produtoras. Isto permitiríanos ter unha idade media do rabaño de entre 6-8 anos.

Para conseguir este obxectivo, debemos instaurar programas de alimentación específicos para a recría, comezando por garantir un bo encalostrado nas primeiras horas tras o nacemento. Ademais, debemos suplementar con concentrados adecuados ás tenreiras, cos que lograremos maximizar o seu potencial de crecemento sen engordalas.

Cunha alimentación axeitada, podemos conseguir crecementos diarios de 1 kg por día nos primeiros meses de vida das becerras, sen engraxamento. O obxectivo é que á cubrición teñan un 65% do seu peso adulto e que no momento do parto conten cun 85% do peso adulto, sen excesivo engraxamento.

Desenvolvemento corporal adecuado para a cubrición de xovencas:

DE HEUS Desarrollo corporal adecuado para la cubrición de novillas

 

2.- Un parto por vaca e ano:

Para conseguir este obxectivo teremos que mellorar a fertilidade do noso rabaño. Cun manexo adecuado da alimentación, podemos conseguilo.

Un estudo sobre 549 vacas pirenaicas e pardas da montaña, con restricións de até un 15% na dieta exclusivamente durante o último terzo de xestación, afirma que o factor máis determinante para o intervalo parto-xestación e, en consecuencia, o intervalo entrepartos, é a alimentación e condición corporal en preparto.

En De Heus utilizamos unha ferramenta que nos permite a valoración da condición corporal de cada animal, utilizando a escala de 1 a 5, onde o 1 son vacas extremadamente delgadas e 5 vacas moi gordas. En base a ela, adaptamos os plans de alimentación.

Puntuación da condición corporal en vacún de carne:

DE HEUS Puntuación de la condición corporal en vacuno de carne

Os períodos máis críticos para a alimentación das vacas son os 2-3 meses previos ao parto e os 2-3 posteriores. Perdas de condición corporal durante este período van xerar unha baixada da produtividade ao aumentar a duración do intervalo parto-xestación.

O recomendable sería:

– Condición corporal superior a 2,5 puntos desde 2 meses antes do parto até o momento da cubrición ou inseminación artificial (IA).

– Controlar que a condición corporal non baixe de 2 en ningún momento do ciclo produtivo.

– En caso de suplementar ás vacas, non facelo nunca cando a condición corporal supere 3,5.

– Para poder facer estes axustes, en rabaños grandes faise necesario o manexo por lotes.

Módulo de formulación de racións en FeedExpert para vacas nutrices

DE HEUS Módulo de formulación de raciones en FeedExpert para vacas nodrizas (1) DE HEUS Módulo de formulación de raciones en FeedExpert para vacas nodrizas (2)

En De Heus desenvolvemos o noso programa de formulación FeedExpert, que nos permite formular racións o máis equilibradas e rendibles posibles para cada lote, unha vez analizadas as forraxes das que dispomos en granxa.

Outro elemento importante para garantir a fertilidade do rabaño en monta natural, vai ser o manexo do semental. Con touros novos, necesitaremos un touro para cada 25 vacas e, con touros adultos, até 35 vacas por touro.

É importante vixiar a calidade seminal do semental e a actitude para a monta. Tamén é importante controlar as principais enfermidades de transmisión venérea como Trichomonosis e Campylobacteriosis mediante raspados prepuciais.

Sobre o rabaño en xeral debemos facer un bo control das enfermidades que máis nos van influír na fertilidade como virus do BVDos, Rinotraqueitis infecciosa bovina (IBR) e Neospora caninum.

3.- Maximizar o número de tenreiros destetados por vaca:

Empezaremos por facer unha boa selección dos sementais, para evitar, na medida do posible, os partos distócicos e unha boa prevención e control de diarreas neonatais provocadas por patóxenos (Echerichia coli enterotoxigénico, Clostridium perfringens tipos A,B e C e Coccidios).

Realizar un correcto encalostrado ten unha repercusión fundamental na cría de tenreiros. As vacinacións máis importantes para a saúde posterior das crías débense realizar con prazo suficiente antes de que empece a parideira para que a carga inmunolóxica que presente o costro sexa máxima. Debemos de dispor sempre de costro conxelado de boa calidade para cando sexa necesario.

En canto ás enfermidades parasitarias, debido á ubicuidade dos parásitos en todas as zonas de extensivo, aplicaremos metafilaxia cada 6 meses. Débense variar os fármacos para evitar resistencias e realizaremos análises coprolóxicas unha vez ao ano. En resumo, trataremos de controlar tanto parásitos externos como internos.

Instauraremos medidas de bioseguridade na granxa: todos os animais que se introduzan na granxa teñen que ir acompañados das probas e analíticas necesarias que garantan que están libres de todas as enfermidades que estamos a combater na explotación.

4.- Maximizar o kg de tenreiro destetado por vaca nutriz:

Ademais de todo o sinalado no punto anterior, en extensivo recomendamos o uso de comederos selectivos para tenreiros nos que non poidan entrar as vacas, para conseguir que medren rápido e que se afagan a inxerir penso, adaptando progresivamente o rume e permitindo todo o desenvolvemento do seu potencial de crecemento.

Tal como se atopa a situación actual de mercado, é necesario que os gandeiros poñan maior empeño en mellorar o seu sistema de produción na granxa, buscando apoio nos técnicos especialistas que lles asesorarán na prevención sanitaria e na xestión dunha alimentación a medida en función do momento produtivo das súas vacas nutrices para conseguir que o seu negocio sexa viable e o máis rendible posible.

*Este artigo foi redactado por Xosé Lois García Saco – Xerente de Zona de Galicia de De Heus.

Xosé Lois García Saco - Xerente de Zona de Galicia de De Heus.

Xosé Lois García Saco – Xerente de Zona de Galicia de De Heus.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *