
O Centro Europeo de Coordinación de Resposta a Emerxencias (ERCC en inglés) xa ten deseñado o seu dispositivo para facer fronte aos incendios forestais en territorio da UE no verán que está a piques de comenzar. 22 avións, 5 helicópteros e 775 bombeiros altamente especializados compoñen un equipo disposto a actuar de xeito inmediato ante grandes lumes.
Deses 775 bombeiros, 40 van estar en Galicia entre o 1 e o 31 de xullo. E, durante toda a tempada de maior risco, estarán en territorio español de forma permanente dous avións anfibios do modelo Canadair con capacidade para cargar 5.346 litros de agua e 600 litros de retardante.
As previsións meteorolóxicas non son boas de cara a que se produzan lumes e aos traballos de extinción. Na cornixa cantábrica agárdanse nos meses de xuño, xullo e agosto temperaturas 3º C superiores á media dos últimos anos. Ademais, estímase que as precipitacións tamén van ser inferiores ás rexistradas nos últimos veráns.

2025 foi o ano con maior superficie forestal queimada en España dende que hai rexistros
A Célula de Análise e Coordinación de incendios forestais do ERCC estará composta por dous expertos do país afectado, un especialista científico e equipos de reacción operativos as 24 horas do día entre o 15 de xuño e o 18 de setembro.
Aínda que se trata dun operativo da Comisión Europea, os efectivos poden actuar noutros dez estados que actualmente non forman parte da UE: Albania, Bosnia-Herzegovina, Islandia, Macedonia do Norte, Montenegro, Noruega, Serbia, Turquía, Ucrania e Moldavia.
O incremento de medios derívase do feito de que o pasado ano foi o peor en canto a incendios forestais en Europa dende que hai rexistros. E polo crecente número de lumes e o aumento do risco nos países do centro e o norte de Europa. Un efecto, aseguran, do cambio climático.
Dende a Comisión Europea sinalan que, se ben o número de incendios descendeu o pasado ano, a superficie queimada medrou exponencialmente. Esto débese á “continuidade de combustible”, é decir, as masas susceptibles de arder son cada vez de máis tamaño por causa do despoboamento e pola falta de actividade agrogandeira.

A Comisión Europea detecta un crecente risco de lumes de gran efecto no norte e centro de Europa
E, aínda así, os lumes afectan con maior frecuencia nos últimos anos a zonas despoboadas e a infraestruturas esenciais. Por eso, dende a Comisión sinalan que a cooperación internacional será máis necesaria para facer fronte a catástrofes, e non só a incendios, senón a outros fenómenos como riadas e inundacións.
Así, o organismo europeo volve insistir na necesidade de actuacións preventivas fronte ao lume ao longo de todo o ano. A limpeza de montes, a redución da carga de madeira e matogueira, os exercicios de adestramento para o persoal de extinción ou o intercambio de información e experiencias serían medidas nesa liña.
Galego









Control OJD