Comezan as Xornadas de Carne de Boi de Allariz 2020

Comezan as Xornadas de Carne de Boi de Allariz 2020

Presentación das xornadas

Dende o venres 25 de setembro ata o luns 12 de outubro, 23 os establecementos hostaleiros da vila Ourensá de Allariz participan na novena edición das Xornadas de Carne de Boi de Allariz. A hostalería alaricana ofertará tapas e menús cuxo ingrediente principal é a exquisita carne de boi de Allariz. A carne será cociñada de moitas maneiras diferentes e os comensais atoparán dende tapas como cornada de boi, empanadillas, sándwich de roast beff entre moitas outras tapas ou menús no que a carne de Boi de Allariz será o rei da mesa.

Todas as partes do boi serán protagonistas dos pratos que se ofertarán durante as IX Xornadas de Carne de Boi de Allariz. Os prezos oscilan dende 2 € a tapa e 70E/kg de chuletón, múltiples prezos para adaptar ao peto das persoas que nestes días se acheguen a hostalería de Allariz.

Cristina Cid, alcaldesa de Allariz explica que “o aproveitamento dos recursos, do patrimonio e do territorio xera un desenvolvemento económico importante en Allariz, grazas a proxectos que poñen en valor estes recursos que temos e o aproveitamento dos mesmos”.

“Carne de Boi de Allariz é un claro proxecto de economía circular, de produto de proximidade, de posta en valor do rural e de aproveitamento do territorio, que está a venda todos os sábados no Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz”, destaca a rexedora.

Briugu Allariz comercializa Carne de Boi de Allariz, ademais de no Mercado, tamén distribúe á hostalería de Allariz. Xosé Romero, xerente da empresa, sinala a gran calidade da carne producida en Allariz. Este ano destináronse para as xornadas 4 bois, ao redor de 1600kg de carne.

A IX edición de Carne de Boi de Allariz estará marcada pola nova normalidade derivada da COVID-19. Os locais ofertarán, seguindo todos os protocolos sanitarias e tomando todas as medidas pertinentes, menús e tapas deste exquisito manxar. As persoas que desexen degustar a carne poderán reservar con anterioridade a súa mesa, nos establecementos participantes, e degustar un menú preparado con carne de Boi de Allariz.

Descarga aquí o programa e a listaxe de menús e establecementos participantes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información