Comezan as auditorías de viñedo na Denominación de Orixe Ribeiro

Publicidade

auditores ribeiro 24 2O C.R.D.O. Ribeiro, como máximo competente no control e verificación da uva que entra nas adegas rexistradas neste organismo, deu comezo este mes a un operativo de inspeccións a través de auditorías nunha mostra representativa de viñedos inscritos no rexistro no Consello Regulador.

Dende este mes, como vén realizando nos últimos seis anos, levaranse a cabo inspeccións de viñedo nas fincas de viticultores da Denominación de Orixe. Estas accións servirán para valorar o estado actual dos viñedos, así como facer unha aproximación da colleita para a vendima deste ano.

Durante os últimos seis anos leváronse a cabo arredor de 900 inspeccións, o que permite ir facendo unha actualización permanente do rexistro vitícola e ter ao día toda a información relativa aos viticultores, así como as súas fincas e variedades de uva das mesmas.

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro é o máximo competente no control e verificación da uva e por elo, este operativo está creado para garantir a orixe e a calidade nos produtos da D.O. Ribeiro para poder transmitir toda a seguridade ao público que consumirá nun futuro os viños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información