Comeza a tempada de enoturismo en Martín Códax

A adega de Cambados iniciou a tempada enoturística 2026 con propostas exclusivas e ampliando a súa programación coa o reapertura do seu centro enoturístico de investigación vitícola, Pé Redondo

Publicidade

RUTA VINO RIAS BAIXASBodegas Martín Códax abriu a nova tempada de enoturismo na súa adega de Cambados, consolidando a súa aposta por experiencias que permiten descubrir o universo do albariño desde distintas perspectivas. A programación deste ano reforza a diversidade de propostas dispoñibles para o visitante, combinando viño, territorio e gastronomía atlántica.

Contará con Mar de fondo, unha nova experiencia exclusiva deseñada para quen busca unha aproximación máis pausada e singular ao viño, cunha selección especial de referencias e unha proposta gastronómica coidada nunha contorna privilexiada.

Xunto a esta novidade, continúan propostas xa consolidadas como Orixe, a visita esencial para descubrir a orixe de Bodegas Martín Códax, a súa filosofía cooperativa e o proceso de elaboración, finalizando cunha cata comentada de viños acompañados de queixos galegos; Ondas do mar, que une viño e gastronomía atlántica a través dunha harmonía de viños e conservas gourmet Km 0; e Creacións singulares, orientada a quen desexa coñecer viños de produción limitada e proxectos enolóxicos diferenciais vinculados ao carácter máis experimental da adega.

A estas experiencias súmanse as catas en terraza con vistas á Ría de Arousa e a súa Barra Atlántica onde é posible gozar dos viños da adega nun ambiente relaxado e sen necesidade de reserva previa.

A oferta enoturística ampliarase ademais a partir do 1 de abril coa reapertura de Pé Redondo, o centro enoturístico de Bodegas Martín Códax situado no corazón do Val do Salnés, un espazo singular onde investigación vitícola, sustentabilidade e divulgación conviven nunha contorna única.

A través de visitas guiadas, os asistentes poderán percorrer as súas distintas parcelas, coñecer proxectos vinculados a variedades resistentes, adaptación ao cambio climático e novas formas de cultivo, ademais de gozar dunha experiencia de cata nunha contorna privilexiada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información