Comeza o “Programa de recoñecemento de montes”, unha iniciativa de PEFC para poñer en valor a xestión forestal sustentable en Galicia

Publicidade

PEFC bosque monte panda da da CERTIFICADO CARTAZ 2PEFC Galicia ven de iniciar o novo “Programa de Recoñecemento de Montes”, unha iniciativa para poñer en valor a xestión forestal sustentable que xa realizan miles de propietarios galegos.

“Desde PEFC Galicia impulsamos esta iniciativa co obxectivo de visibilizar e poñer en valor os montes que destacan pola súa xestión forestal sostible. A través deste programa, recoñecemos o labor exemplar dos propietarios, xestores forestais e Entidades Solicitantes que contribúen a construír un futuro máis sostible para os nosos bosques”, explican dende a organización.

O programa recomezou esta pasada semana cunha visita a Pan da Dá, en As Pontes, un monte propiedade de FINSA e no que se realiza una aproveitamento sustentable e multifuncional, combinando a produción forestal coa gandería e a apicultura.

Ao longo dos vindeiros meses, o equipo técnico de PEFC Galicia visitará distintos montes para recoñecer aos seus propietarios e xestores, persoas que fan posible que os nosos montes sexan produtivos, vivos e diversos.

“A través do Programa de Recoñecemento de Montes PEFC , queremos que a sociedade galega coñeza de primeira man como os propietarios forestais cumpren a norma UNE e o sistema PEFC, garantindo criterios ambientais, sociais e económicos”, destacan dende a entidade.

Máis información sobre o Programa de Recoñecemento de Montes PEFC en:
https://pefcgalicia.org/reconecemento-montes/

Sobre PEFC Galicia

A certificación forestal PEFC en Galicia supera o medio millón de hectáreas xestionadas baixo o Sistema PEFC, o que supón un 17% da superficie certificada PEFC en España, e aglutina ao 80% dos propietarios e propietarias forestais adheridas ao Sistema PEFC, cun total de 60.608. Isto supón unha clara mostra do compromiso do sector forestal galego pola xestión sostible dos seus montes e os seus recursos naturais, no que a Xunta de Galicia tivo un papel fundamental ao apoiar, a través de diferentes axudas, á propiedade forestal, cumprindo así, o seu obxectivo do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica” de certificar máis de 500.000 hectáreas de monte.

Na actualidade existen 13 entidades de xestión forestal sostible neste territorio que fan accesible a certificación PEFC, algo relevante neste territorio no que a pequena propiedade é maioritaria e, ademais, xestionada desde o sector privado.

En canto á Cadea de Custodia, en Galicia hai 469 empresas certificadas, que supoñen o 25% das empresas certificadas PEFC cun volume de facturación de máis de 3.200 millóns de euros. Entre estas empresas, predominan os serradoiros e rematantes, mostrando un sector que é tractor dunha economía local baseada na madeira de proximidade.

PEFC traballa para recompensar o esforzo que o sector galego fai coa xestión forestal sostible, polo que desenvolveu dous módulos normativos en Cadea de Custodia para dar cumprimento ás regulacións europeas EUDR e REDIII.

Así mesmo, PEFC traballa para valorizar a adicionalidad da xestión forestal sostible, a certificación dos servizos ecosistémicos como o carbono, a auga ou a biodiversidade. Para iso, PEFC puxo en marcha un grupo de traballo técnico que pretende desenvolver un sistema propio baixo os estándares PEFC, para ofrecer así aos xestores e xestoras forestais un incentivo á conservación, soporte técnico e o cumprimento dos obxectivos ambientais. Actualmente está en marcha o sistema de certificación do carbono, co que, proximamente a propiedade forestal xestionada baixo o Sistema PEFC poderá beneficiarse nos mercados de créditos de carbono.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información