Comeza a campaña solidaria “Ningún neno sen bigote” para que toda a infancia poda desfrutar do leite

A través de microdonativos, todos os cidadáns poderán contribuír á causa, do 28 de maio ao 13 de xullo, realizando donativos económicos a través de diferentes canais electrónicos. En Galicia, farase unha recollida física, do 4 ao 15 de xuño, a través das 193 oficinas de CaixaBank, así como dos centros da Obra Social ”la Caixa”.

Comeza a campaña solidaria “Ningún neno sen bigote” para que toda a infancia poda desfrutar do leite

A directora do Departamento de Colaboracións con Entidades Sociais da Fundación Bancaria ”la Caixa”, Juana Prats; o director xerente da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), Ángel Crespo, e o reputado chef Sergio Fernández, presentaron hoxe a cuarta edición da gran campaña de recollida de leite “Ningún neno sen bigote”, a favor de familias en risco de exclusión social. Grazas á recollida de leite en Galicia, 50.000 persoas, moitas delas nenos e nenas en situación de vulnerabilidade, puideron beneficiarse deste alimento básico. En total, o leite recollido chegará a 1.537.134 beneficiarios en toda España.

Sergio Fernández, comprometido co Banco de Alimentos e a infancia en risco de exclusión, é profesor da Escuela Superior de Hostelería e Turismo de Madrid. Traballou como chef nalgún dos restaurantes máis importantes do noso país; foi protagonista de programas de televisión como Duelo de ChefsS.O.S. Cocinero u Oído Cocina, tamén participou na la Gala Inocente, Inocente, é presentador do programa “Cocinamos Contigo” en Canal Cocina. Sergio Fernández destacou a importancia do leite como alimento básico para unha alimentación saudable.

O leche é unha fonte destacable de proteínas de alta calidade, vitaminas e minerais que contribúe decisivamente ao crecemento e desenvolvemento dos nenos. A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) apunta que, de media, un vaso diario de douscentos mililitros de leite de vaca proporciona a un menor de cinco anos o 21 % das súas necesidades de proteínas e o 8 % de calorías e nutrientes.

En palabras do subdirector de la Fundación Bancaria ”la Caixa”, Marc Simón: «Queremos romper o círculo de la pobreza desde a primeira infancia, un período no que a alimentación xoga un papel crucial no desenvolvemento. Por iso, con esta gran recollida de leite queremos contribuír a que todos os nenos e nenas teñan acceso ao primeiro alimento das nosas vidas: o leite leche».

Ángel Crespo, director de FESBAL, declarou que, “estamos moi agradecidos á Obra Social “la Caixa” por impulsar desde hai catro anos esta campaña de recollida de leite, xa que, ademais de ser un alimento indispensable, saudable e nutritivo que cubre amplamente a base dos principios inmediatos dunha dieta equilibrada diaria, é un dos poucos produtos máis solicitados polas entidades benéficas dos Bancos de Alimentos. Por outra parte, esta iniciativa “Ningún neno sen bigote”, como o seu nome indica, contribúe a satisfacer as necesidades lácteas da poboación infantil, o colectivo máis vulnerable e que máis precisamos protexer”.

Actualmente, os bancos de alimentos atenden a 1,5 millóns de persoas en España, que teñen dificultades para acceder regularmente ao consumo de alimentos básicos para unha dieta equilibrada, como o leite. Un de cada tres menores en España está en risco de pobreza, sendo o quinto país coa maior taxa de pobreza infantil, segundo Eurostat.

O año pasado, os bancos de alimentos distribuíron 5 millóns de litros de leite, pero considérase unha cifra insuficiente para acadar o obxectivo mínimo recomendado polos expertos dun litro por persoa e por semana. Unha persoa debe tomar ao menos 3 litros de leche ao mes para cumprir coas necesidades nutricionais básicas.

Para acadar que o maior número de familias teñan acceso a este alimento básico no desenvolvemento dos nenos, ponse aos servizo da campaña toda la rede de case duascentas oficinas de CaixaBank en Galicia, que farán difusión da campaña para conseguir que os cidadáns súmense á recollida a través de microdonativos e coa entrega física de cartóns de leite, do 4 ao 15 de xuño. Os voluntarios de ”la Caixa” tamén prestarán a súa axuda para conseguir que mais persoas se sumen á causa solidaria de “Ningún neno sen bigote”.

A Obra Social ”la Caixa” pon en marcha a campaña cunha achega inicial de 100.000 euros

A Obra Social ”la Caixa” pon en marcha a campaña cunha achega inicial de 100.000 euros. Ademais, do 28 de maio ao 13 de xullo, que o desexe poderá participar en “Ningún neno sen bigote a través de doazóns económicas en canais electrónicos como a Línea Abierta, CaixaMóvil o el envío de SMS coa palabra «LECHE» ao 28024. Ademais, tamén se pode realizar una achega en www.granrecogidadeleche.es.

Grazas á xenerosidade de miles de cidadáns e á implicación, tamén, de múltiples personalidades destacadas do mundo do deporte e la cultura, na pasada edición recolleuse un total de 1,2 millóns de litros de leite, os cales se distribuíron a través dos bancos de alimentos e coa colaboración dos voluntarios de “la Caixa”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información