A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Coluga, o valor do asesoramento profesional

Coluga ofrécelle solucións profesionais aos agricultores e gandeiros, ademais de apostar pola proximidade con 7 tendas especializadas

Publicidade
Coluga, o valor do asesoramento profesional

Equipo de Coluga das provincias de Lugo e da Coruña.

Tomar as decisións correctas no momento adecuado. Así se podería resumir o traballo dun agricultor ou un gandeiro para completar con éxito o seu proxecto. Na práctica, o agricultor debe elixir a variedade de cultivo que lle garanta rendibilidade, a mellor semente, preparar o solo, aportar os fertilizantes adecuados e anticiparse, sempre que sexa posible, a problemas de sanidade vexetal, pragas e calquera tipo de contratempo. O gandeiro, pola súa banda, busca a mellora constante en factores como a alimentación, o manexo do gando ou a saúde dos animais. Todo iso cumprindo de maneira estrita coas esixencias normativas das distintas administracións.

E a pesar da cada vez maior profesionalización das persoas que traballan no campo, resulta practicamente imposible dominar cada unha das variables que entran en xogo neste proceso de toma de decisións. Aí é onde reside, precisamente, o valor de empresas como Coluga, recoñecida compañía do sector que aposta pola profesionalización e a especialización.

Manuel Crespo, director de Coluga.

Manuel Crespo, director de Coluga.

O seu director, Manuel Crespo, asegura que “na nosa casa, o agricultor profesional e gandeiro sabe que pode atopar os produtos de referencia das principais marcas do mercado e outros con elevados estándares de calidade que fabricamos con marca propia, pero a nosa verdadeira razón de ser reside no asesoramento que lles ofrecemos”.

Valor engadido

No caso dos agricultores, o traballo comeza moito antes da sementeira, posto que a semente é a base do cultivo e un importante factor de produtividade. Un cultivo debe iniciarse cunha semente de boa calidade.

Manuel Crespo explica que “os agricultores demandan, cada vez máis, un asesoramento profesional moi especializado e en termos globais, de tal forma que debemos ser capaces de axudarlles desde o mesmo momento en que se elixe a semente, analizando o solo ou, por exemplo, facilitando o uso de fertilizantes máis adecuados e tratamentos fitosanitarios”.

É o que en Coluga coñecen como o ciclo completo do asesoramento profesional, que realizan a través de expertos e que pode incorporar servizos de valor engadido, como unha análise do terreo, condicións climáticas, manexo do solo, nutrición do cultivo e os aspectos fitosanitarios. Entre estes últimos podemos atopar condicionantes durante o cultivo como certas malas herbas, pragas ou enfermidades que van sucedendo en determinados momentos ou períodos e que é necesario controlar.

“Aínda que a xestión de pragas require a adaptación ou resposta do agricultor ás necesidades de cada momento, tamén é necesario prever certos problemas que poden suceder se non se xestionan adecuadamente, mesmo antes de sementeira”, afirma Manuel Crespo.

Equipo de Coluga de Xinzo de Limia.

Equipo de Coluga de Xinzo de Limia.

Información actualizada
As explotacións agrícolas exitosas baséanse nunha planificación dilixente e calquera plan de cultivo debe incluír a xestión adecuada de riscos. Hai enfermidades que aparecen, condicións meteorolóxicas que cambian, impactos de novos produtos que aproveitan tanto o potencial do solo como do cultivo e tecnoloxía avanzada que permite obter datos e aplicar solucións personalizadas. É a nova agricultura que promove Coluga e que está baseada nunha información actualizada en todo momento en beneficio do agricultor.

Sete tendas especializadas
A proposta de Coluga pasa por estar preto das explotacións dos agricultores e gandeiros para ofrecerlles o mellor asesoramento, pero tamén a pé de rúa cando se necesita, grazas ao impulso de sete tendas especializadas, onde se poden atopar produtos para a agricultura e gandaría, alimentación animal, xardinaría, comercial veterinaria, ferramentas, etc. Unha parte do catálogo de produtos pode adquirirse tamén na súa web coluga.es.

Equipo de Coluga do Porriño.

Equipo de Coluga do Porriño.

Un gran equipo de profesionais
Manuel Crespo teno claro. O segredo dunha compañía que segue crecendo cada ano reside “nas persoas”. “A capacitación e o coñecemento especializado dos profesionais que integran Coluga representa o noso mellor activo”, explica. Pegados en todo momento á terra, pero tamén ao produto e ás necesidades de cada momento, o seu coñecemento, experiencia e aportacións de valor contribúen ao éxito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *