Colleita récord en cereais

En Galicia espérase unha produtividade media de 3 toneladas por hectárea en trigo brando, media tonelada máis que o pasado ano

Publicidade
Colleita récord en cereais

Parcela de trigo en Galicia. / Arquivo.

As favorables condicións meteorolóxicas da primavera, con altas temperaturas e choivas en boa parte de España, permitirán que este ano se rexistre unha colleita récord en cereais, segundo as estimacións da Asociación de Comerciantes de Cereales y Oleaginosas (ACCOE). O rendemento medio pasará das 2,3 toneladas por hectárea a 4 toneladas, segundo a Asociación.

As expectativas de aumento de produción respecto ao 2019 son as seguintes: trigo brando (+ 62%), trigo duro (+47%), cebada (+79%), avea (+64%), centeo (+57%) e triticale e outros (+17%).

Datos de Galicia
En canto ós datos de Galicia, estímase que hai unhas 12.000 hectáreas de trigo brando, cun rendemento medio de 3 toneladas, fronte ós 2,50 do pasado ano, segundo os cálculos de ACCOE. O rendemento medio en España espérase que sexa de 4,35 toneladas, fronte ás 2,66 do pasado ano.

En centeo, calcúlase que hai en Galicia unhas 4.000 hectáreas, cun rendemento medio de 3,69 toneladas por hectárea, polas 3 toneladas do pasado ano. O rendemento medio a nivel estatal está en 3,12 toneladas (1,89 o pasado ano, que fora moi malo en rendementos en tódalas colleitas de cereais).

O resto dos cultivos de cereais son residuais en Galicia. En cebada, por exemplo, estímase unha superficie de 419 hectáreas, cun rendemento medio este ano de 4,50 toneladas, fronte a 3 toneladas o pasado ano. O rendemento medio estatal será de 4,25 toneladas este ano, segundo as previsións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información