A colleita de millo en Galicia oscilou ata nun 39% nos últimos anos debido a factores climáticos

DEKALB_MILLO_DUMBRIA_7A colleita de millo en Galicia oscilou ata nun 39% nos últimos anos debido a factores climáticos. Así se desprende dos datos recopilados por Dekalb entre os anos 2022 e 2025 entre as ao redor de 150 ganderías que participaron no concurso Dekalb+Silo, un certame que ten como obxectivo dar máis valor a lograr un silo de millo de calidade.

En concreto, neste período analizouse por unha banda as mellores calidades de mostras en verde medido en litros de leite por tonelada de materia seca de millo forraxeiro logradas.

E doutra banda, analizáronse as producións medidas en litros de leite por hectárea. Para iso tomouse unha mostra do silo e cubicáronse os silos, expresando o resultado en litros de leite por hectárea logrados polo millo ensilado, premiando ás mellores producións segundo o ciclo de millo.

Neste sentido, as maiores disparidades producíronse entre o ano 2023, marcado por unhas moi boas condicións tanto para o cultivo como para a ensilaxe do millo, e o 2025, marcado pola seca estival que penalizou notablemente a produción, cunha diferenza de ao redor do 39%, independentemente do ciclo sementado.

DEKALB 1 DEKALB 2

Conclusións:

– O 2022 foi un ano de seca, co que as dixestibilidades víronse un pouco mermadas.

– O 2023 foi un ano a nivel climatolóxico mellor que o 2022 en canto a precipitacións. A integral térmica tamén foi superior, co que a maduración do millo tamén foi máis rápida. A planta cultivouse máis verde co cal as dixestibilidades da fibra son mellores, de aí uns datos lixeiramente mellores tanto en L/Tms como en L/ Ha en 2023.

– En 2024, as condicións climatolóxicas foron as peores nos ultimos tres anos. A integral térmica foi a máis baixa dos ultimos anos, polo que a acumulación de GDUs foi máis lenta influíndo directamente en produción e calidade.

– O 2025 caracterizouse por choivas que atrasaron a sementeira, mes de Xuño moi caloroso e seca ata finais de Agosto. Estas choivas a finais de Agosto salvaron a campaña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información