A colleita 2020 do D.O. Monterrei recibe a cualificación de “moi boa”

Publicidade
A colleita 2020 do D.O. Monterrei recibe a cualificación de “moi boa”

Equipo que valorou a colleita 2020, xunto á presidenta da denominación, Lara Da Silva.

A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei acolleu a Cata de Cualificación da Colleita 2020. Nesta cata participaron representantes de asociacións profesionais e do panel oficial da denominación, que cualificaron como “moi boa” a anada 2020 dos viños de Monterrei.

O equipo de cata destacou: “en brancos gáñase complexidade con respecto aos últimos anos, en cada colleita percíbese unha maior representación da paisaxe e da identidade de Monterrei; mentres que en tintos, a froita segue sendo o perfil máis característico, cunha boca equilibrada e sedosa”.

Co obxecto de valorar a presente colleita, unha representación proporcional de viños da denominación someteuse ao xuízo do panel. Estas mostras foron analizadas por cada un dos catadores, que realizaron unha valoración “a cegas” de todas elas, mantendo desta forma criterios de obxectividade, ao tratarse de mostras anónimas.

A nota final foi resultado do cálculo da media das puntuacións concedidas por cada catador a cada unha das mostras, incluíndo neste cálculo tanto as referencias de brancos como de tintos. Finalmente, esta puntuación trasladouse a unha táboa de correspondencias onde se obtén a cualificación de colleita.

O panel de cata, que foi recibido pola presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva, estivo conformado polos seguintes expertos:

– Alejandro Paadín (Vicepresidente da Asociación de Catadores de Galicia “Gallaecia”).

– Begoña Gómez (Panel Oficial do CRDO Monterrei).

– José Ramón Domínguez (director da revista Cepas y Vinos).

– Fernando Cabero (Panel Oficial do CRDO Monterrei).

– Patricia Presas (Vicepresidenta de Asociación de Enólogos de Galicia).

– Vania González (Panel Oficial do CRDO Monterrei).

– Rebeca André (Panel Oficial do CRDO Monterrei).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información