Coidados dos viñedos durante esta semana

Información da Consellería do Medio Rural e do Mar sobre as recomendacións de coidados dos viñedos durante esta semana

Publicidade
Coidados dos viñedos durante esta semana

Cepa con excoriose. Autor: Estación do Areeiro

Rías Baixas

Estado fenolóxico medio:
Estado Fenolóxico L (peche de acio) para a variedade de referencia albariño. As demais castes tamén se atopan nesta fenoloxía media, e dos datos da Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Leiro-Ribadumia, obsérvase que van algo máis retardadas o Caíño Branco, Loureiro Branco e Sousón.

A persistencia da metereoloxía seca está propiciando estrés hídrico en algunhas parcelas e especialmente nos viñedos de cepas máis xoves. A seca está afectando ao crecemento do acio e xa está incidindo nun rendemento menor da colleita potencial, que neste momento estímase en torno os 7.000-8.500 kg/Ha.

Incidencias Fitosanitarias:

Mildeu (Plasmopara vitícola)
Apeas se detecta sintomatoloxía debido a que persisten as condicións pouco propicias para a produción de ciclos infecciosos da enfermidade, debido a práctica ausencia de precipitacións e o dominio de compoñente Norte. Nos últimos días producíronse precipitacións moi febles nos primeiros días deste mes de xullo que podería producir unha pequena infección nos viñedos sen a protección de tratamento nas xornadas anteriores ou posteriores con fitosanitario curativo; e si se producen síntomas, sería máis ben nas follas novas que nos acios, pois nestes xa vai diminuíndo a sensibilidade a enfermidade.

Oídio (Uninula necator).
Obsérvase algunha sintomatoloxía, xa que persisten as boas condicións de desenvolvemento para a enfermidade e os acios están en un momento fenolóxico moi sensible. Os tratamentos que se veñen recomendando e realizando ata o momento están mostrando unha boa eficacia.

Polilla (Lobesia botrana e Clysia ambiguella)
Xa descenderon os voos da segunda xeración nas trampas de monitoreo, e neste momento
hai que vixiar a evolución da fase larvaria da praga nos acios, no caso de que os tratamentos
insecticidas recomendados no boletín anterior non fosen efectivos.

Aplopexía parasitaria (Esca).
Nos últimos días detectase un repunte da sintomatoloxía da enfermidade de madeira debido o aumento da temperatura e a seca, xa que os tecidos afectados non poden compensar a intensa evapotranspiración, e se murchan e secan na parte da cepa afectada.

Outros patóxenos
Seguen detectándose poboacións de mosquito verde e en focos de acariose, pero en ambos casos non están medrando e non alcanzan os albores de tratamento que xustifiquen aplicacións específicas.

Recomendacións:
Manter o control de oídio sen superar intervalos de dúas semanas dende a anterior aplicación, e con este tratamento mesturase o funxicida para o control de mildeu que debido a baixa presión da enfermidade neste intre, pódese dosificar as doses medias indicadas na etiqueta.

O tratamento para a polilla xa foi recomendado no anterior boletín, pero naquelas parcelas que o puideron realizar deben realizalo sen demoralo, e neste caso sería unicamente de entre os insecticidas con acción larvicida.

Tamén débense marcar as cepas con sintomatoloxía de Esca, para na parada de inverno, eliminar o órgano afectado a altura san da cepa, con aplicación de mástic funxicida no corte da madeira.

Para o resto de denominacións de orixe de Galicia, Medio Rural mantén vixente o boletín da semana pasada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información