Coidados da oliveira durante o outono-inverno

Despois de séculos de abandono, o cultivo da oliveira está a recuperarse en Galicia. Manuela González, responsable do departamento de Agro de Aceites Abril, ofrece uns consellos para o coidado do oliveiral durante estes meses

Publicidade
Coidados da oliveira durante o outono-inverno

Oliveiras en Galicia

Nesta época e debido á nosa climatoloxía con xeadas frecuentes,  é necesario fortalecer e endurecer a oliveira. Son os chamados tratamentos de outono e inverno.

Sobre todo este ano no que o clima está tan irregular e prevense descensos bruscos das temperaturas. Ata agora, as temperaturas suaves provocaron o crecemento vexetativo das oliveiras co que temos moitos gromos moi tenros. Por iso, aconsellamos varios tratamentos con caldo bordelés e potasio para fortalecer a árbore ante as xeadas que están por chegar.

“Aconsellamos deixar a poda da oliveira para final de xaneiro ou principios de febreiro”

En canto á poda, debido a que a mesma provoca o espertar da oliveira e como engadido a estas condicións do clima, aconsellamos deixala para máis adiante, quizais para final de xaneiro ou principios de febreiro.

É moi importante ter unha árbore equilibrada durante todo o ano porque canto máis sá e equilibrada estea a oliveira maior resistencia non só ás xeadas senón tamén a calquera tipo de pragas. Temos que entender que a agricultura non é unha ciencia exacta; pero nós, como agricultores, podemos facer moito para que o noso cultivo sexa un éxito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información