Coidado da viña durante os próximos días: Recoméndase renovar o tratamento contra o mildio

Publicidade
Coidado da viña durante os próximos días: Recoméndase renovar o tratamento contra o mildio
Mancha nova de mildio incipiente. Foto: Estación Fitopatolóxica do Areeiro

Mancha nova de mildio incipiente. Foto: Estación Fitopatolóxica do Areeiro

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, publicou hoxe o seu informe fitosanitario no que ofrece unhas recomendacións para o coidado dos viñedos durante os próximos días.

Mildio:

Durante os últimos días caeron precipitacións leves e as temperaturas nocturnas foron suaves, en xeral ben por riba dos 12 ºC, e estiveron acompañadas por unha moi elevada humidade relativa e humidade foliar durante horas. Estes rexistros indican condicións verdadeiramente favorables ás infeccións por mildio.

Con estas condicións, os técnicos de Areeiro constataron esta semana nas súas visitas ás viñas que “en todas había algunha mancha que non estaba ben controlada, independentemente do tempo transcorrido desde o tratamento anterior e o funxicida utilizado”. Tamén aparecera, en varias delas, algunha mancha nova moi incipiente pouco visible, así como os primeiros síntomas nas dúas viñas que ata agora eran asintomáticas, nas plantas testemuña.

Polo que respecta ás previsións do tempo, as diferentes axencias meteorolóxicas consultadas, a curto prazo manteranse as condicións algo inestables, con posibilidade dalgunha precipitación, en principio escasa, hoxe venres e mañá sábado. Canto ás temperaturas, as mínimas parece que van seguir sendo altas en xeral ﴾non coinciden todos os modelos﴿.

Con estas previsións, e máis coa situación observada nas viñas, o estado fenolóxico sensible das plantas e a redución no período de protección teórico dos tratamentos que foron aplicados antes do pasado venres, dende a Estación Fitopatolóxica do Areeiro aconséllase renovar as intervencións utilizando preferiblemente un funxicida cun modo de acción diferente ao/s xa aplicado/s.

Outras incidencias

Caracois nos gromos das viñas. Mancha nova de mildio incipiente. Foto: Estación Fitopatolóxica do Areeiro

Caracois nos gromos das viñas. Foto: Estación Fitopatolóxica do Areeiro

Esta semana os técnicos detectaron o primeiro síntoma de black rot nunha folla dunha planta da viña da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, un adulto de pedroulo na mesma viña e tamén apareceron, neste caso en dúas plantas dunha viña do Rosal que estivera abandonada durante moito tempo hai anos, os primeiros síntomas de enfermidades de madeira.

“Amais, é bastante xeral a presenza de síntomas de erinose e tamén continúa a haber caracois nalgúns predios, pero o bo crecemento dos gromos fai que os signos da súa alimentación non sexan graves”, conclúen os técnic

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información