Cogal organiza unha xornada técnica de cunicultura en Silleda

A cooperativa galega COGAL, unha das principais produtoras de carne de coello de España, organiza unha xornada técnica de cunicultura que coincidirá coa celebración da III Feira Abanca Cimag – GandAgro 2019 do 21 ao 23 de febreiro en Silleda.

A Xornada Técnica terá lugar o sábado 23 de Febreiro no Club do Expositor desde as 11:30 horas. Cogal liderou, en colaboración con outras empresas, un ambicioso proxecto de I+D+i denominado Tecnocun, cuxos resultados e aplicacións adiantaranse durante a xornada.

Ademais, a directora – xerente de Intercún presentará todas as actividades que se están a levar a cabo desde a interprofesional cunícola tanto a nivel de promoción da carne de coello como proxectos de investigación ao servizo da cunicultura, ou temas abordados coa administración.

Francisco Parra e Kevin Dalton, que traballan no Instituto de Biotecnoloxía de Asturias, Universidade de Oviedo, e que é referente nestas enfermidades para a cunicultura española, darán a coñecer os últimos avances na loita contra as doenzas víricas.

A continuación, Gonzalo Fernandez, profesor da Facultade de veterinaria de Lugo e colaborador habitual de Cogal, tratará o importantísimo papel da bioseguridade en cunicultura en relación a estas enfermidades víricas que afectan ao sector, tomando como base estudos de detección ambiental destes virus na produción cunícola.

cogal_silleda_xornada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información