A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Codisoil reabre as súas oficinas en Chantada con instalacións renovadas

codisoil novas instalacions chantadaCodisoil, referente en distribución de gasóleo e servizos enerxéticos e ambientais, anuncia a reapertura das súas oficinas no Polígono Industrial Os Acibros, Parcela B3, 27500, Chantada, Lugo. Estas instalacións, agora adquiridas en propiedade, estarán operativas a partir deste mes e ofrecerán unha atención próxima e personalizada aos clientes da zona.

Cun enfoque renovado e compromiso de excelencia, Codisoil retoma a atención presencial en Chantada para continuar ofrecendo servizos esenciais como a subministración de gasóleo Repsol a domicilio, de automoción e agrícola, ademais unha ampla variedade de solucións enerxéticas e ambientais.

Outros servizos dispoñibles en Chantada

Entre os servizos que Codisoil pon ao dispor dos seus clientes inclúense: mantementos industriais e xestión de residuos (servizos técnicos de mantemento de instalacións, transporte e xestión de residuos….etc) e solucións enerxéticas como luz e gas e placas solares da man de Repsol.

Compra o teu gasóleo as 24 horas en gasoleodecalefaccion.es

Ademais, Codisoil pon ao dispor dos seus clientes a súa tenda en liña gasoleodecalefaccion.es, onde é posible realizar pedidos de gasóleo de calefacción de maneira rápida e sinxela en calquera momento do día. Con esta plataforma, garanten comodidade e seguridade para que os clientes poidan abastecerse sen preocuparse por horarios de atención.

A garantía de calidade do gasóleo Repsol

Confiar no gasóleo de Repsol significa elixir un produto de máxima calidade, deseñado para ofrecer o mellor rendemento. Grazas á súa formulación con aditivos avanzados, o gasóleo Repsol coida da instalación ou do vehículo, mellora o rendemento e minimiza as emisións contaminantes. Ademais, prolonga a vida útil dos equipos, evitando a acumulación de residuos nos sistemas de combustión.

Para os que queiran realizar consultas ou un pedido tamén poden contactar a estes números de teléfono: 982 44 16 79 ou 982 38 00 71

codisoil chantada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *