A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Codisoil amplía e perfecciona servizos a gandeiros e agricultores nas súas delegacións da provincia de Lugo

A empresa é un referente na subministración de combustible agrícola aos profesionais do campo dende as súas delegacións do sur de Lugo. Nos últimos tempos aumentaron a súa oferta de servizos para poder ofrecer mellores prestacións a agricultores e gandeiros. Representantes da empresa explican en que consiste o seu traballo

MAIS PLANTILLA CODISOIL

Dende o ano 2010, a empresa de combustibles Codisoil leva operando no sur de Lugo. Nun primeiro momento en Chantada e Monforte, logo tamén en Palas e agora reimpulsando a actividade na vila chantadina.

Alba Domínguez, xerente de marketing de Codisoil e Jacobo Rodríguez, coordinador das delegacións de Codisoil en Lugo e responsable comercial, explícannos os servizos que ofrecen dende os inicios e as novidades que incorporaron para seren máis competitivos e eficientes.

Subministración de gasóleo agrícola

“A nosa principal actividade é o subministro de gasóleo agrícola, o coñecido como B, a gandeiros e agricultores. Traballamos co produto de Repsol Agrodiesel e+10, que está aditivado e beneficia o rendemento das máquinas. Os aditivos melloran o produto base, que ten unhas condicións mínimas fixadas por lei. Nós servimos un gasóleo optimizado.”

Co emprego dese combustible conséguese protexer o motor, alongar a vida útil da máquina e reducir os custos de mantemento ao evitar a obstrución dos filtros. Aparte de que é un gasóleo máis respectuoso co medio ambiente, polo seu reducido contido en xofre. Outra liña de vendas téñena con agricultores e gandeiros que manexan vehículos de empresa aos que lles serven gasóleo A.

O emprego do noso gasóleo agrícola aditivado resulta moi atractivo para o sector agrogandeiro porque alonga a vida das máquinas e mellora a súa eficiencia

Os picos de consumo no sector agrogandeiro da zona en que opera Codisoil en Lugo concéntrase nas campañas de recollida e ensilado da herba e de sementeira e recollida do millo. “Neses momentos estamos especialmente alerta porque nin os donos das explotacións nin as empresas de servizos agrarios que contratan poden perder tempo. Son días moi intensos e non podemos fallar.”

Os surtidores de Codisoil en Chantada permiten cargar ata 10.000 litros de combustible en 15 minutos

Os surtidores de Codisoil en Chantada permiten cargar ata 10.000 litros de combustible en 15 minutos

Malia a complicada situación internacional, que afecta especialmente o mercado dos combustibles, en Codisoil teñen garantido o subministro para atender a todos os clientes. “Reduciuse nalgún momento a cantidade que nos autorizan comprar, pero sempre servimos o produto. Organizamos o reparto de xeito que chegue para todos os compradores, aínda que teñamos que facer máis repartos. A prioridade é que todos teñan combustible todos os días.”

O respaldo de Repsol permite que teñamos garantido o servizo de combustible independentemente da situación internacional

Neste sentido, aínda que a guerra en Irán se prolongase, Codisoil conta co respaldo de Repsol, polo que sería o último operador que chegase a quedar sen servizo. “As empresas de marca branca si que estiveron algúns días sen poder operar. Nós temos o aval do maior operador de España, o que nos garante o fluxo de combustible en todo momento.”

Servizos innovadores

Unha das novidades que ofrecen dende Codisoil está xestión de residuos líquidos e xurros. Unha cuestión que cada día adquire máis relevancia nas explotacións polos sucesivos regulamentos que impón a Unión Europea. E tamén para que as instalacións e equipos estean nas mellores condicións posibles.

“Na empresa ofrecemos o servizo de recollida e tratamento de residuos líquidos e o baleirado de fosas. Sempre tendo en conta a disposición adecuada deses elementos e o respecto pola contorna das explotacións. O manexo dos xurros é un aspecto clave e asumimos a recollida, transporte e tratamento de todos os residuos, asegurando que se cumpre escrupulosamente coas normativas.”, di Jacobo.

Os gasóleos que se almacenan nos depósitos de Codisoil contan con aditivos para optimizar o rendemento da maquinaria agrícola

Os gasóleos que se almacenan nos depósitos de Codisoil contan con aditivos para optimizar o rendemento da maquinaria agrícola

Tamén, sendo unha empresa de combustibles, ampliaron a súa oferta de servizos co asesoramento técnico e as tramitacións ante a Consellería de Industria. “O trámites ante as administracións son habitualmente farragosos e requiren de tempo. Nós acompañamos aos profesionais do sector agrogandeiro en todas as xestións necesarias e garantindo un asesoramento técnico personalizado para optimizar as súas instalacións e operacións.”, explica Alba.

Todo o relativo a combustibles conleva trámites complicados coas administracións. Nós axudamos a simplificar os procesos

Ademais, en Codisoil xa teñen posto en marcha un sistema de cesión de depósitos para gasóleo agrícola. “O almacenamento seguro dos combustibles nas explotacións é algo esencial. Nós ofrecemos depósitos homologados que garanten o subministro continuo de combustible e permiten axustar o consumo e reducir custes. E tamén equipos de bombeo nalgúns casos.”

Traballo co Adblue

A empresa traballa intensamente no mercado do Adblue, unha solución líquida composta por urea de alta pureza e auga desionizada, que se utiliza nos vehículos diésel equipados con tecnoloxía SCR (Redución Catalítica Selectiva) para reducir as emisións contaminantes e cumprir coa normativa Euro 6.

“O Adblue que nós comercializamos é da gama GreenChem. Trátase dun dos principais fabricantes e distribuidores en Europa e é español. É unha solución de urea de alta pureza (32,5%) e auga desmineralizada, deseñada para reducir as emisións de óxidos de nitróxeno (NOx), cumprindo coa normativa ISO.”

Codisoil traballa dúas liñas de Adblue. O convencional que se pode atopar en calquera estación de servizo e, dende hai dous anos, o aditivado. “O aditivado témolo en envases ou a granel, que resulta moi interesante para o cliente porque podemos levarllo á casa no canto de telo que ir buscar. Así, servímoslles a domicilio a cantidade que precisan, pois en Codisoil somos distribuidores e non vendemos doutra maneira.”

A nosa gama de Adblue GreenChem consegue evitar a cristalización do produto, que sempre é unha fonte de problemas en circuitos e motores

O aditivo que se emprega é un anticristalizante que evita que se obstrúan os circuítos e os filtros. “Eso evita moitas visitas ao taller. Os primeiros vehículos con Adblue deron bastantes problemas de cristalización pero hoxe, ademais de que se mellorou o sistema, contan cos aditivos para aumentar a eficacia.”

A empresa distribúe Adblue aditivado da gama GreenChem

A empresa distribúe Adblue aditivado da gama GreenChem

Estrutura e mercado da empresa

Os gandeiros, viticultores e empresas de servizos agrogandeiros e forestais son unha parte fundamental para Codisoil nas súas delegacións de Chantada e Monforte. “Son sectores que, como todos, teñen picos de consumo pero manteñen un fluxo de compras durante todo o ano.”

Por exemplo, no caso das empresas forestais, dispoñen dun vehículo que pode levar o combustible ata as pistas lindeiras cos lugares onde se está a talar. É un todoterreo que se desenvolve perfectamente en zonas de monte e que está equipado cunha manga de 50 metros.

Temos a posibilidade de achegar o gasóleo aos lugares onde opera a maquinaria forestal pesada

Para as numerosas adegas existentes na zona onde operan as delegacións de Codisoil surten os xeneradores que permiten que a uva manteña constante a temperatura e os procesos nas cubas en caso de que falle a electricidade.

Outra fortaleza da empresa está no seu persoal. Malia as dificultades que hai en todos os sectores para conseguir traballadores, todos os postos necesarios en Codisoil levan tempo cubertos. Incluso os de condutor, que presentaría máis dificultades por ser preciso o carnet para transportar mercadorías perigosas.

Entre as dúas delegacións, Codisoil conta cunha plantilla de sete condutores para os camións de combustible e tres persoas nas oficinas. “Con ese persoal conseguimos cubrir en tempo e forma toda a demanda que temos de produtos e servizos. E eu estou viaxando continuamente pola área de actuación para detectar e atender as necesidades dos clientes.”, indica Jacobo, que é tamén responsable da parte comercial.

En Codisoil estamos adheridos ao programa de redución e compensación de emisións de CO2 que desenvolve Repsol

As delegacións en Lugo de Codisoil abranguen toda a provincia. Ademais, chegan ata comarcas doutras provincias como a de Melide e Arzúa ou boa parte do Deza. Ou a outras algo máis alonxadas, como a de Valdeorras.

A empresa está adherida ao programa Repsol Compromiso Cero Emisións Netas 2050. A través desa iniciativa, compensan as emisións de dióxido de carbono dos seus vehículos de reparto con accións en prol do medio ambiente. No caso de Codisol, estase a plantar un bosque en Extremadura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *