“Coas cachenas recuperamos pastos e mantemos o lume lonxe dun xeito rendible”

Falamos con Alejandro Villa e Xabier González, responsables dunha gandería en ecolóxico de vacas de raza cachena na parroquia da Ferreirúa no concello de A Pobra do Brollón dende o febreiro do 2023.

Falamos con Alejandro Villa e Xabier González, responsables dunha gandería en ecolóxico de vacas de raza cachena na parroquia da Ferreirúa,  no concello lugués de A Pobra do Brollón,  dende o febreiro do 2023.

Como e cando xurdiu esta iniciativa?
O proxecto xurdiu porque era algo que nos gustaba, a idea de crear unha gandería de raza autóctona parecianos atractiva. Tamén xurdiu a raíz dos lumes do 2022 que tan cerca nos tocaron. Vivimos nunha parroquia na que a actividade gandeira ou agrícola é moi pequena, unha grande parte do noso territorio componse de zonas agrícolas abandoadas ou en proceso de abandono ó redor das casas. Vimos que era unha boa oportunidade para ter acceso a estes terreos grazas a veciñanza que nos axudou moito deixando traballar as súas propiedades, co traballo das vacas e axudando con desbroces, estes antigos agros van recuperando o seu explendor perdido.

Pensamos que a paisaxe da parroquia nestes dous últimos anos cambiou moito a raíz da gandería, pasando dunha zona agrícola en declive, cunha continuidade cada vez maior da masa forestal e do matorral, a zonas de pastizais xa instaurados que manteñen unha faixa de seguridade ante os incendios. Deste xeito mantemos o lume lonxe recuperando pastos dun xeito rendible.

A principal axuda foi a veciñanza que nos apoian e ceden terras continuamente.

4_ganderiaCachenasPobra

Que axudas e dificultades atopades neste proceso?
A principal axuda que atopamos foi a veciñanza que sempre nos apoio permitíndonos o acceso á terra. Animounos a seguir collendo parcelas e limpándoas. Tamén tivemos axuda doutros gandeiros que nos botan unha man e dos que sempre se agradece o consello.
Respecto as dificultades, a principal problemática que atopamos foi a burocracia, un mar de papeleo e requisitos que sen a axuda da xestión da cooperativa Lemos sería imposible para nós. A simplificación destes trámites facilitarían moito a labor das ganderías.

O principal problema é o exceso de burocracia. A simplifiación dos trámites axudaría moito.

Por que escollestes cachenas e non outra raza?
Escollemos esta raza por ser a máis distintiva das autóctonas, a cachena é totalmente identificable por todo o mundo. Ademáis disto, a súa carne goza dunha gran fama e recoñecemento. E sobre todo pola súa rusticidade e adaptabilidade, comportándose moi ben en todo tipos de terreos e climatoloxías, e sendo un animal con moita dureza de saúde, non tendo que ter gran depencia de veterinarios. Tamén, un valor a destacar, e a súa facilidade de parto, non ter que estar pendentes e preocupados polos partos é un alivio e unha descarga de traballo para nós.

2_cachenaPobra

Cantas hectáreas e cabezas xestionades e como é o manexo?
Agora mesmo temos 52 cabezas de ganado, entre nais e crías. As nosas vacas sempre están fora, nalgunha das parcelas das 35 hectáreas das que dispoñemos agora mesmo, todas cedidas por veciños.
O noso manexo consiste na división en parcelas de catro mil ou cinco mil metros cadrados, facendo cambios diarios de parcela. Os animáis veñen facendo de catro a cinco pases anuais por cada un dos pastos, o que ven a dicir que a parcela é pacida catro ou cinco días ao ano, tendo como resultado trescentos sesenta e un días de descanso ó ano. O cambio diario ten varios beneficios, como é o maior aproveitamento do pasto por parte dos animáis con menor desperdicio, unha mellora na alimentación e da condición corporal, un aproveitamento con menor selección de especies da parcela, mellora da composición do solo… Si que é certo que a labor adicada ao manexo de animáis aumenta pero cando estes se acostuman a esta rotación e a entrar cada día nun apetitoso pasto novo, o manexo é moi sinxelo. Este tipo de xestión tamén ten un beneficio moi importante, a rendabilidade económica, con este emprego de pastos o nivel de insumos ou forraxes diminúe moito, nós só aplicamos forraxe no momento máis duro da sequía de verán e moi pouco no inverno, a clave é o descanso das parcelas.

Ademáis de todo isto, os nosos peches perimetráis fixos están feitos de tres alambres galvanizados e varillas currugadas, e un avance enorme que implementamos neste último ano foi instalar puntos de auga fixo no 90% das parcelas, diminuindo o traballo moitísimo en comparación a andar cun remolque con depósitos.

As parcelas cas que traballades son da vosa propiedade?
Todas as parcelas coas que traballamos son da veciñanza da parroquia, o cal agradecemos enormemente, se non fora pola súa xenerosidade nós nunca poderiamos levar a cabo este proxecto.

3_pecheCachenaPobra

Tivestes algún caso de EHE? traballades nalgún protocolo de prevención?
Polo de agora non tivemos ningún caso de EHE, e mellor cruzar os dedos. Nestes dous anos de vida da nosa gandería tivemos boa saúde e os veterinarios solo nos visitaron para tratamento predeterminado. Respecto a protocolos, nós estamos dentro da ADS a maiores da saneamento obrigatorio. O único tratamento que levamos aparte son as desparasitacións.

Como é o proceso de comercialización no voso caso?
No noso caso polo de agora toda a comercialización é de forma directa, vendemos tanto para cría a outros gandeiros como sementáis e a carne directamente ó consumidor xa embasada e preparada. Desta maneira non somos tan esclavos da variabilidade de prezos do mercado.

Que tipo de fertilización facedes das pradeiras?
Como estamos en ecolóxico o uso de fertilizantes é moi limitante, a único acción que temos previsto realizar é o encalado do solo.

Como é a convivencia coa fauna?
Nestes dous anos de vida nunca tivemos un ataque e a nosa é hábitat de lobo, sabemos que isto pode pasar pero polo de agora fomos librando. Tamén cremos que ao ter todo o gando en parcelas pequenas, elas están sempre xuntas sendo máis difícil que o lobo colla a un becerro ou unha vaca despistada e sola, fan máis piña todas xuntas e deféndense, ademáis as nosas vacas saben karate.

Que perspectivas de futuro tedes?
A nosa intención é seguir aumentando a superficie de traballo e seguir cerrando e limpando novas parcelas abandoadas, e paulatinamente aumentar a cabana gandeira. Conseguir que a contorna da Ferreirúa sexa un territorio vivo.

1_cachenasPobraDron

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información