Clun súmase á tendencia do leite fresco pasteurizado

Clun súmase á tendencia do leite fresco pasteurizado

Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) comeza 2018 co lanzamento de Únicla Leite Fresco. A nova gama de Únicla, xa á venda, conta con tres variedades: Enteira, Semidesnatada e Semidesnatada Sen Lactosa, nun formato de 750 ml.

Clun súmase así á tendencia do leite fresco pasteurizado, nun nicho de mercado crecente no que tamén están marcas galegas Deleitar ou Leyma e ao que en breve tamén ten previsto incorporarse Leite Celta. Expertos investigadores como Carlos Spuch Calvar, veñen destacando as beneficiosas propiedades que ten o leite fresco pasteurizado, que en países do norte de Europa ou no Reino Unido é o de consumo maioritario.

Desde Clun destacan que “o noso leite conta co mellor sabor do leite Premium de Feiraco e a frescura que lembra ao recén muxido”. Este novo produto está certificado por Galega 100% e conta co selo de Galicia Calidade.

Ademais, pon en valor que “conta co envase sustentable PurePak®, procedente de fontes sustentables e que conta coa certificación Carbón Neutral, reducindo a cero as emisións de CO2 no seu proceso de fabricación”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información