Clun logra o nivel experto no Certificado de Benestar Animal en 75 das súas ganderías

A cooperativa celebrou en Touro os seis anos da súa certificación de benestar animal

Clun logra o nivel experto no Certificado de Benestar Animal en 75 das súas ganderías

Imaxe do acto celebrado con granxas socias certificadas en benestar animal.

CLUN suma xa un total de 75 granxas e case 7.000 vacas que presumen de altos estándares en benestar animal. Para celebralo a cooperativa realizou este xoves un encontro con socios gandeiros e co equipo técnico na gandería Casal Vilar, de Touro.

As granxas certificadas achegan leite para as marcas Clesa Bienatur e ÚNICLA garantindo en cada paso da cadea que o leite procede de granxas certificadas en Benestar Animal

Esta gandería, situada no lugar da Portela, é unha das granxas ÚNICLA, que foron as primeiras ganderías de Galicia certificadas por AENOR Conform en Benestar Animal. Tamén foi esta a primeira marca láctea española que certificou todos os seus produtos con esta garantía de Benestar Animal.

Un camiño iniciado en 2016

Cooperativa Lácteas Unidas celebraba ademais seis anos con esta certificación nas súas granxas. En 2016 convertíase nunha cooperativa pioneira, sendo a primeira en certificar as súas ganderías socias en benestar animal con AENOR. Agora, seis anos despois, superou a fase pre-inicial e inicial do certificado e pasa á fase de experimentado, posicionándose, unha vez máis, como líder cooperativo neste ámbito, segundo destaca a entidade.

“Os bos resultados na certificación de benestar animal é unha proba máis dos altos estándares das nosas ganderías” declara Juan Gallástegui, director xeral de CLUN, quen tamén quixo recoñecer “o esforzo e o traballo de todas as ganderías por manter este compromiso”.

CLUN celebrou os seis años con certificación bienestar animal na gandería Casal Vilar, de Touro

CLUN celebrou os seis anos con certificación de benestar animal na gandería Casal Vilar, de Touro

A cooperativa CLUN subliña que alcanza as puntuacións máis altas en todas as granxas socias que están certificadas baixo o selo de benestar animal. O certificado de benestar animal AENOR Conform réxese polos rigorosos estándares de calidade que esixen AENOR e o Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentarias (IRTA), baseados no referencial europeo Welfare Quality.

Máis benestar, sinónimo de máis produción

Jose Balseiros, director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural, acompañou a CLUN e aos seus socios no encontro de Touro, onde destacou a importancia do benestar animal para un bo rendemento produtivo das ganderías.

Balseiros anunciou que a Consellería do Medio Rural dispón dunha liña de axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia, que na convocatoria 2022-2023 conta cun orzamento de 2,15 millóns de euros, para que estas entidades poidan desenvolver os programas facultativos de prevención e control de enfermidades animais, o que axudará ao benestar animal e a elevar o nivel sanitario da cabana gandeira galega.

Pola súa banda, Ana Mendez, directora xerente de Galicia Calidade, destacou o valor de transmitir ao consumidor garantías de calidade e orixe, como o fixo a cooperativa CLUN, contando desde o inicio co selo Galicia Calidade, que neste próximo mes de decembro cumpre 25 anos de existencia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información