Clun impulsa un proxecto de innovación tecnolóxica nas granxas

A iniciativa, denominada Cattlecare (Coidado do gando), proxecta instalar uns dispositivos nos animais que permitirán monitorizar e clasificar o seu comportamento. Tamén se controlarán en tempo real os silos de penso

Clun impulsa un proxecto de innovación tecnolóxica nas granxas

O proxecto deseñará un novo dispositivo para monitorizar ás vacas.

Cooperativas Lácteas Unidas (Clun), a agrupación de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto, comeza a poñer en marcha as primeiras iniciativas en conxunto. As tres entidades implicáronse nun proxecto para impulsar a innovación tecnolóxica das súas explotacións socias. O obxectivo principal é mellorar o seguemento do estado dos animais e garantir a seguridade alimentaria dos alimentos que consumen.

O proxecto denomínase Cattlecare (Coidado do gando, en inglés) e conta coa colaboración dunha serie de socios tecnolóxicos (Conexiona Telecom, Ictel Ingenieros e Gradiant). En primeiro termo, Cattlecare busca monitorizar ós animais para extraer datos do seu comportamento e establecer patróns que permitan detectar anomalías ou que sexan indicadores de enfermidades, periodos de celo ou procesos de parto.

Outra das ferramentas tecnolóxicas centrarase en controlar en tempo real o estado dos silos de penso, a fin de evitar posibles problemas na alimentación. A mellora da xestión dos recursos das explotacións, mediante a optimización e automatización da loxística de distribución, é outra das cuestións sobre as que traballará a iniciativa Cattlecare.

O proxecto enmárcase no programa Conecta Peme, da Axencia Galega de Innovación, e conta cun presuposto de máis de medio millón de euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información