CLUN amplía socios coa incorporación da cooperativa Valxestoso, de Monfero

cisterna recollida leite Clun2Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) suma novos socios coa incorporación de Cooperativa Valxestoso, no concello coruñés de Monfero.

A integración foi aprobada o pasado verán e permite mellorar a prestación de servizos a unha cooperativa que nos últimos anos viu diminuída a súa base social.

Valxestoso conta cuns 70 socios, aínda que soamente 15 están activos, a maioría ganderías de vacún de leite. Ademáis, comercializa os famosos “Grelos de Valxestoso” e conta cunha tenda agraria e con 2 veterinarios. “Coa integración en CLUN estamos a mellorar notablemente os servizos que se prestan aos socios e poder responder así ás necesidades que hoxe en día ten unha explotación de vacún de leite. Ademáis, incorporamos unha furgoneta de reparto que tamén redunda nunha mellora para os socios”, destacan dende Valxestoso, agora xa integrada en CLUN.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información