A marca Clesa, propiedade dun grupo de cooperativas galegas, cumpre 75 anos como referencia de iogures e sobremesas lácteas, e para celebralo lanza unha gama de Iogur Aniversario, elaborado só con leite fresco, recuperando así a receita do ano 1943.
A nova gama estará dispoñible en dúas variedades: Natural e con Arandos en formato pack 2x125g. O iogur destaca pola súa alta cremosidade e lixeira acidez.
Ademais, con motivo do 75 aniversario da marca, Clesa impulsa un Museo Virtual en redes sociais no que os consumidores poden compartir unha imaxe nostálxica con presenza visible de produtos ou merchandising.
Clesa, con sede en Caldas de Reis (Pontevedra) forma parte de CLUN a través da Agrupación de Cooperativas Lácteas SL (ACOLAT). Os seus iogures e sobremesas lácteos contan coa certificación PLS (Produtos Lácteos Sustentables), concedida polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, que garante que o 100% do leite é de orixe nacional e que foi contratada nunhas condicións que velan pola sustentabilidade económica do sector lácteo.
A compañía ten a súa orixe en Lácteas del Atlántico, unha sociedade fundada a finais dos anos 70, filial do Grupo Centrales Lecheras Españolas S.A. (Clesa). O proxecto actual de Clesa dá comezo en 2012, liderado por 10 cooperativas lácteas galegas unidas en ACOLACT, Agrupación de Cooperativas Lácteas SL.