Claves para previr as enfermidades da madeira en viñedo

David Gramaje Pérez, investigador do Instituto de las Ciencias de la Vid y del Vino (Icvv) da Rioxa, expuxo nas xornadas de Agrovid celebradas en Valladolid cales son as claves para previr e identificar as enfermidades da madeira en viñedo. Fíxoo durante a presentación organizada por Belchim de Vintec, o seu novo produto específico para atallar esta problemática

Publicidade

As Enfermidades fúnxicas da Madeira da Vide (EMV), coñecidas desde hai séculos, son unha preocupación sanitaria e económica para o sector vitivinícola mundial.

Provocan perdas importantes de produción e defectos de calidade no viño.
A loita é difícil, debido á gran variedade de axentes patóxenos e á complexidade das súas bioloxías.

A principal vía de contaminación son as feridas de poda, por tanto as medidas de protección centraranse en evitar a entrada dos patóxenos. Neste sentido, as estratexias de loita deberán ser sempre preventivas.

Como identificar as enfermidades da madeira en viñedo?

Existen multitude de enfermidades da madeira en vide, todas elas provocadas por distintos tipos de fungos, sendo as máis comúns a Esca/enfermidade de Petri, o decaemento por Botryosphaeria e a Eutipiose.

Velaquí as principais enfermidades da madeira:

-En plantas novas, de menos de 10 anos:

Enfermidade de Petri: causada polos fungos Phaeomoniella chlamydospora, Phaeoacremonium spp, Cadophora luteo-olivacea

Pé negro: Campylocarpon spp., Cylindrocladiella spp., Dactylonectria spp., Ilyonectria spp., Neonectria spp., Thelonectria spp.

Decaemento por Botryosphaeria: provocada polo fungo Botryosphaeriaceae spp.

-En plantas adultas, de máis de 8 ou 10 anos:

Esca: Phaeomoniella chlamydospora, Phaeoacremonium spp., Cadophora luteo-olivacea, Fomitiporia mediterranea

Eutipiose: Diatrypaceae spp.

Decaemento por Botryosphaeria: Botryosphaeriaceae spp.

Medidas de pevención das enfermidades da madeira:

Actualmente non existen produtos curativos, polo que hai que partir de material de plantación san e realizar unha serie de prácticas de cultivo preventivas.

En novas plantacións:

Utilizar material vexetal san, de alta calidade fiosanitaria e bo aspecto:

– Grosor adecuado do patrón.
– Callo basal ben cicatrizado.
– Distribución uniforme das raíces.
– Zona do enxerto sen roturas.
– Cobertura uniforme de cera.

Realizar unha plantación adecuada:
– Sen causar feridas na planta.
– Procurando que as raíces queden cara abaixo.
– Evitando solos compactados e/ou alagados.

Evitar forzar a entrada en produción ou situacións de tensións.
Unha vez establecida a plantación en campo, a principal forma de infección destas patoloxías é a través das feridas de poda, principal vía de entrada da maioría destes fungos.

En plantas adultas:

-Marcar as cepas afectadas no verán para podalas as últimas no inverno.

-Podar con tempo seco, evitando as feridas grosas e deixando transcorrer 4 días sen podar despois dunha choiva ou unha nevada. Se se realizan grandes cortes, realizalos o máis verticais posible.

-Inmediatamente despois de podar aplicar un produto protector sobre os cortes de poda, sobre todo en cortes grosos, con obxecto de dificultar a entrada na planta das esporas destes fungos.

-Desinfectar as tesoiras tras a poda das cepas afectadas, con obxecto de evitar a dispersión da enfermidade.

– Con obxecto de eliminar inóculo, arrincar as cepas mortas e eliminar os brazos atacados cortando até tecido san.

– A madeira morta ou os restos de poda das parcelas afectadas débense retirar das mesmas, eliminalos ou queimalos, xa que estes fungos poden sobrevivir sobre eles varios anos constituíndo unha importante fonte de inóculo destas enfermidades.

– Unha cepa atacada de eutipiose pode rexenerarse a partir de gromos de abaixo no tronco (escardas) que agromasen de madeira sa, cortando logo por encima deles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información