Claves para mellorar a rendibilidade das explotacións de vacún de leite

Nun escenario no que o gandeiro cada vez ten menos decisión sobre o prezo do leite, a xestión eficiente da base territorial da explotación e un bo manexo son claves para mellorar a rendibilidade. Resumo da ponencia de Juan José Freire Quintáns, asesor da Cooperativa Agraria Provincia da Coruña, na Xornada Técnica de Vacún de Leite de Mazaricos

Claves para mellorar a rendibilidade das explotacións de vacún de leite

Vacas da CAP Coruña

Nun escenario de prezos do leite inestables e sen gran capacidade do gandeiro para incidir no prezo que lle pagan as industrias, os custos de alimentación e as diferencias no manexo son  factores que si dependen máis do gandeiro e nos que pode influír para mellorar a rendibilidade da súa explotación.

Así o expuxo Juan Freire, asesor da Cooperativa Agraria Provincia da Coruña, na Xornada Técnica de Vacún de Leite de Mazaricos. Dende a Cooperativa Provincial asesoran na xestión de 60 explotacións lácteas da Coruña, o que lles permite facer un diagnóstico máis acertado sobre os aspectos nos que se pode mellorar a rendibilidade.

Colza ou soia: o primeiro paso para aforrar custos

Neste sentido, Juan Freire explicou que un dos primeiros gastos nos que se pode aforrar custos é na elección da proteína vexetal. Trátase dun capítulo de gasto moi importante, xa que a alimentación supón o 60% dos custos dunha explotación de vacún de leite, e o concentrado representa o 55% dos gastos de alimentación. “O concentrado a base de colza é bastante máis barato que o de soia, cuns resultados en produción de leite moi parecidos”, salientou o asesor de explotacións da CAP Coruña.

Así, se reflicte na seguinte táboa elaborada pola CAP da Coruña:

Concentrado en base a:

Colza

Soia

Diferenza

Consumo de Concentrado gr/lit 409 404

5

Prezo Concentrado E/ton 281 347

-66

Custe Concentrado E/1000 lit 115 139 -24
Custe de Alimentación E/1000 lit 225 251 -26

“Estamos falando de para unha explotación de 1.000.000 litros o aforro é de 26.000 euros ao ano, o cal merece que nos paremos a analizar que materia prima nos compensa máis”, subliña o técnico da CAP Coruña.

Mercar a futuros as materias primas

Outro aspecto no que incidiu foi a necesidade de que os gandeiros negocien a compra de materias primas a futuros para obter mellores prezos. Estes os prezos negociados pola CAP da Coruña para o millo, cebada e soia:

COTIZACIONS_MILLO_CEBADA

COTIZACIONS_SOIA_COLZA

A produción de forraxe de millo na explotación non sempre é rendible

Sen embargo, para Juan Freire, onde máis pode influír o gandeiro para mellorar a rendibilidade da súa explotación é na produción de forraxes, que veñen a representar o 23% dos gastos de alimentación do gando.

“Nas explotacións que xestionamos o custo medio de producir unha tonelada de materia verde de silo de millo está entre 36 e en 42 euros, pero atopámonos gandeiros aos que lles custa 66 euros e a outros 30”, explica.

Así se reflicte na seguinte gráfica:

Produción (Kg de materia verde) Custe euros/ton MV Produción

(Kg MS 35%)

Custe

(Euros/ton MS)

50.000 29,32 17.500 83,77
45.000 32,58 15.750 93,08
40.000 36,65 14.000 104,71
35.000 41,89 12.250 119,67
30.000 48,87 10.500 139,62
25.000 58,64 8.750 167,54

Neste sentido, Juan Freire recalca que “é moi importante ampliar a base territorial da explotación para producir máis forraxes, pero tan importante como ter hectáreas é a eficiencia no cultivo desa superficie”. “Cada vez os gandeiros teñen que ser mellores agricultores”, subliña.

Compensa facer a recría na explotación?

Outro capítulo de gasto no que unha explotación láctea tamén pode mellorar a súa rendibilidade é a recría das xovencas. A este respecto o asesor de explotacións da CAP Coruña é claro: “os datos demostran que é máis barato facer a recría na explotación que externalizala, sempre e cando o parto sexa aos 24 meses”. “O problema -engade- é que con demasiada frecuencia as xovencas criadas na casa vanse a partos a 27 e mesmo 30 meses, por falta de control na detección de celos, entre outros motivos, e entón xa non é rendible facer a recría na explotación”.

Así se reflicte na seguinte táboa:

Recría externalizada
2,55 €/dia *
Recría Propia
2,20 €/dia
Parto 24meses 1862 euros 1606 euros
Parto 27 meses 1804 ,,
Parto 30 meses 2002 ,,
  • Engadir 150 euros para portes e inseminacións

“É dicir, por cada mes que se atrasa o parto o custo do animal sube 77 euros”, subliña. Ademais, Juan Freire, lembra que “teríamos que engadir uns 300 euros menos de ingresos que por cada mes que se atrasa o inicio da lactación e a perda económica derivada do atraso no nacemento de máis femias”.

Protocolos e rutinas: as claves para un bo manexo

Outro aspecto que mellora a rendibilidade das explotacións e no que tamén depende do gandeiro é o manexo.

Segundo, Juan Freire “a base dun bo manexo é establecer protocolos e rutinas para optimizar o tempo de traballo, e xunto a isto definir responsabilidades e responsables de cada tarefa”. A iso hai que engadir unha formación contínua do persoal laboral, ben sexa propio ou externo, e a súa motivación implicando aos traballadores nas decisións e incentivándoos económicamente.

“Os traballadores da explotación son os que fan un bo manexo e por iso é fundamental que o persoal estea cualificado, altamente involucrado, con conciencia de equipo e obxectivos comúns e orgulloso de traballar na gandería de leite”, subliña o asesor de explotacións da CAP Coruña.

Sirva como exemplo de protocolos e rutinas nunha explotación de vacún de leite a seguinte táboa:

CAP_CORUÑA_TAREFAS_PROTOCOLOS

Aspectos concretos dun bo manexo

A continuación enuméranse algúns traballos do día a día dunha explotación de vacún de leite en intensivo que inciden nun bo manexo e, polo tanto, nunha mellora do rendemento económico da explotación:

– Axustar a ración para que nunca falte comida

– Facer un arrimado frecuente de comida

– Manter o comedeiro e o carro mesturador limpos para evitar contaminacións

– Evitar na comida material de baixa calidade ou mal conservado

– Facer o carro a última hora da tarde

– En épocas de calor facer 2 veces ao día o carro

– Coidar a comida das vacas secas: maximizar a inxesta e evitar selección e quentamento

– Suficientes bebedeiros e ben distribuídos

– Evitar estrés por calor (emprazamento e ventilación das naves, illamento, ventiladores, difusores de auga)

– Mellora dos índices reprodutivos (detección de celos, uso de tecnoloxía, eficiencia na observación)

– Rutinas homoxéneas nos muxidos

É rendible producir leite en Galicia?

Comparativas de resultados económicos de tres explotacións de vacún de leite da Coruña: 

CAP_CORUÑA_GASTOS_E_INGRESOS

Si, é rendible producir leite en Galicia se somos eficientes e se facemos ben o noso traballo”, conclúe o asesor da CAP Coruña, á luz dos datos das explotacións analizadas na anterior gráfica.

Neste sentido, Juan Freire insiste en que “é necesario facer un bo aproveitamento tanto coa alimentación externa xogando coa formulación do concentrado e aprovisionándonos de materias primas a futuros e mellorando a eficacia da produción de forraxes”.

“Ser bo gandeiro ou boa gandeira xa non é suficiente: é necesario tamén ser bo xestor/ boa xestora da explotación xestionando mellor todos os recursos da explotación, ben sexan propios ou externos, dándolle máis importancia aos costes de alimentación e á xestión do persoal”, conclúe o asesor da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña.

6 ideas sobre “Claves para mellorar a rendibilidade das explotacións de vacún de leite

  1. sebastian jesus pena freire

    ser e rentable pero non e normal que a un gandeiro lle coste 30€ e a outro gandeiro lle custe 60€ eso non me parece moi normal.E cada vez os gandeiros teñen que ser mais eficientes

    Contestar
  2. Daniel Peteiro Fernández

    O millo debe producirse a un precio medio de 36 a 42 euros, pero hay gandeiros que lle sae o millo a 60 euros e a outros a 30

    Contestar
  3. DAVID NÚÑEZ FRAGA

    se non queremos perder cartos teriamos que intentar producir millo por debaixo de36 euros

    tamen temos que ter en conta a cantidade que se produzca en cada explotacion

    Contestar
  4. Diego Rodríguez Otero

    para non perder cartos ai que producir por baixo de 36 euros tonelada no silo do millo .

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información