Rescatamos unha guía práctica da “Agrupación para o desenvolvemento e formación do Sector Apícola Galego” sobre as patoloxías das abellas. Descríbense os síntomas, o diagnóstico e as medidas de loita contra 8 enfermidades comúns nos apiarios
Loque americana:
Axente Causal | Síntomas | Diagnóstico | Medidas de loita |
Paenibacillus larvae. Bacteria formadora de esporos moi persistentes que afecta á cría operculada | -Forte cheiro agre.
-Cría salpicada. -Opérculos fundidos e agretados. -Larva de cor escura e consistencia mucosa-filante. -Escamas no fondo das celas, difíciles de desprender. |
-Clínico: baseado nos síntomas “proba de palillo”.
-Laboratorial: illamento e identificación do axente causal. -Diferencial: Hai que diferenciala da loque europea e da cría enfriada. |
–Desinfección e destrución das colmeas afectadas e do material apícola da explotación.
-Tratamento químico. -Vixilancia da abellariza afectada e dos colmeares próximos. |
Loque europea:
Axente Causal | Síntomas | Diagnóstico | Medidas de loita |
Melissococcus pluton. Bacteria non formadora de esporos, que afecta á cría non operculada. | –Forte cheiro agre.
-Cría salpicada. -A cría non operculada toma unha coloración escura. -Escamas no fondo das celas, que son facilmente desprendidas. |
-Clínico: baseado nos síntomas.
-Laboratorial: illamento e identificación do axente causal. -Diferencial: Hai que diferenciala da loque americana e da cría enfriada. |
-Destrución da cría afectada.
-Tratamento químico. |
Polo escaiolado:
Axente Causal | Síntomas | Diagnóstico | Medidas de loita |
Ascosphera apis. Fungo formador de esporos, moi resistentes. Afecta soamente á cría. | –Presenza de cría con consistencia algodonosa, momias, na piqueira.
-Cría salpicada. -Momias no interior das celas. |
-Clínico: baseado nos síntomas.
-Laboratorial: illamento e identificación do axente causal. |
-Colocar as colmeas nun lugar solleiro, para evitar a humidade.
-Renovación periódica das ceras. -Desinfección da colmea e do material apícola da explotación. |
Nosemose:
Axente Causal | Síntomas | Diagnóstico | Medidas de loita |
Nosema apis. Parasito microscópico que afecta ao tubo dixestivo das abellas adultas e que forma esporos resistentes. | –Abdome das abellas dilatado e encollido.
-Manchas diarreicas na piqueira e no interior da colmea (non sempre) -Imposibilidade para voar. -Esterilidade da raíña. |
-Clínico: nunca é definitivo.
-Laboratorial: visualización dos esporos. -Diferencial: da acariose e da virose. |
-Tratamento químico.
-Desinfectar ou eliminar o material contaminado. |
Varroase:
Axente Causal | Síntomas | Diagnóstico | Medidas de loita |
Varroa jacobsoni. Parasito que afecta ás crías e ás abellas adultas. | –Presenza de abellas con deformidades no interior e no exterior da colmea.
-Cría salteada. |
-Clínico: baseado nos síntomas e na visualización do parasito na cría e nas abellas.
-Laboratorial: visualización do parasito. -Diferencial: da braula coeca. |
-Tratamento químico con acaricidas autorizados. |
Couza:
Axente Causal | Síntomas | Diagnóstico | Medidas de loita |
Galleria mellonela. As larvas desta couza destrúen os panais almacenados e os das colmeas máis febles. | –Destrución da cera dos panais.
-Presenza de marañas de fíos de seda no interior da colmea. -Erosión da madeira dos cadros. |
-Clínico: baseado na visualización das larvas da couza no interior da colmea. | -Manter as colmeas fortes.
-Protexer as colmeas fronte á couza durante o almacenamento das alzas. -Métodos químicos. -Métodos biolóxicos. |
Virose:
Axente Causal | Síntomas | Diagnóstico | Medidas de loita |
Existen varios virus que afectan ás abellas: virus da parálise crónica, virus da parálise aguda…etc. | –Abellas na piqueira con incapacidade para voar. Abellas con tremores.
-Abellas co abdome de cor negra e brillante. |
-Clínico: nunca é definitivo.
-Laboratorial: fan falta técnicas especiais para o seu illamento e identificación. |
-Non existe tratamento químico selectivo.
-Evitar a consanguinidade, mediante o cambio da raíña. -Control da varroase. |
Morte por fame:
Axente Causal | Síntomas | Diagnóstico | Medidas de loita |
Non é unha enfermidade, senón un accidente. | –Abellas metidas de cabeza no interior das celas.
-Ausencia de reservas de alimento. -Abellas mortas no interior da colmea. |
-Clínico: baseado nos síntomas. | -Deixar as colmeas con suficientes reservas de alimento durante a invernía. |