A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

CLAAS presenta a JAGUAR 1200 e toda a gama de maquinaria de recolección de forraxe

A xornada de campo desenvolverase en Lalín o próximo xoves 26 de marzo

CLAAS organiza unha xornada de campo en Galicia para presentar o último en innovación e tecnoloxía agrícola. A xornada desenvolverase o próximo 26 de marzo, a partir das 10:30 horas, no lugar de Goiás, a 5 quilómetros de Lalín (Pontevedra). As persoas asistentes poderán coñecer de primeira man a colleitadora JAGUAR 1200, así como toda a gama de recolección de forraxe da marca.

Durante a demostración de campo, exhibiranse as novas series de JAGUAR 1000, AXION 9 e moitas máis máquinas utilizadas na cadea de recolección de forraxe. Poderán verse en acción segadoras DISCO, fileradores LINER, empacadoras CEREX, ROLLANT, QUADRANT, henificadoras VOLTO, telescópicas SCORPION e tractores da gama ARION.

Para asistir á xornada, de carácter gratuíto, é necesario inscribirse neste formulario. Tamén poden consultar co seu concesionario oficial se hai viaxes de grupo organizados para o evento. As prazas son limitadas.

O programa inclúe tras a demostración unha comida típica galega e un sorteo final de produtos de merchandising.

FabricaVerde_Social Media_ES_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *