A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Claas presenta en Lalín toda a súa cadea de forraxe nunha xornada cun milleiro de asistentes

A marca puxo en acción a súa gama de maquinaria sobre 12 hectáreas, destacando na demostración o tractor Axion 9.450, que estará no mercado galego no verán, a picadora Jaguar 1200, que ostenta un record Guinnes de colleita, e a rotoempacadora Cerex 760

CLAAS desenvolveu en Lalín unha exitosa xornada de campo con arredor dun milleiro de asistentes do noroeste peninsular, principalmente gandeiros galegos e tamén produtores chegados de Castilla e norte de Portugal. O obxectivo da marca era presentarlle ó sector as súas novidades na cadea de forraxe, así como informalo das súas liñas de traballo.

Un dos esforzos da marca céntrase en profesionalizar a súa rede de distribución, para mellorar o servizo a un cliente cada vez máis profesional e con novas necesidades, como son a dixitalización e a agricultura de precisión.

Para encarar estes retos a nivel de Galicia, CLAAS comunicou que Tecnor Lalín Maquinaria pasa a ser o concesionario oficial da marca para toda a comunidade, manténdose nun segundo nivel distribuidores autorizados nas distintas provincias, que continuarán cos servizos que xa viñan prestando.

Área de exposición da maquinaria.

Área de exposición da maquinaria.

Área de sega e picado
A demostración de maquinaria fíxose sobre unha superficie de 12 hectáreas en Goiás (Lalín), dividida en dúas zonas. Un dos campos de proba acolleu a demostración do novo tractor Axion 9.450 Terra trac, equipado con dúas segadoras Disco 9300 en mariposa e unha frontal Disco 3200.

Tractor Axion 9.450 coa combinación de segadoras instalada.

Tractor Axion 9.450 coa combinación de segadoras instalada.

O Axion 9.450, gañador do premio ‘Tractor of the year 2026’, espérase que estea á venda xa este verán. Trala sega, foi a quenda dun tractor Arion 660 equipado cunha hileradora Liner de catro rotores e 15 metros de ancho de traballo. O Arion 660, un tractor compacto e potente (205 CV), convertiuse no máis fabricado por Claas nos últimos anos pola súa boa acollida no mercado.

picadora

E pechou o traballo a nova Jaguar 1200, unha picadora que se fixo recentemente cun récord Guinnes de colleita e que pode procesar máis de 400 toneladas de herba á hora e unhas 500 de millo. A Jaguar 1200 destaca tamén por integrar un sensor NIR, que permite coñecer de xeito áxil a calidade da forraxe que se está colleitando, o que facilita a toma de decisións da explotación.

Asistentes ó evento nunha das picadoras.

Asistentes ó evento nunha das picadoras.

Rotoempacadoras
Un segundo campo de demostración puxo en acción a gama de empacadoras de Claas, precedidas polo pase dun rastrillo henificador Volto 1100 e da hileradora Liner. En rotoempacadoras, a marca presentou en Lalín a rotoempacadora de ancho variable Cerex 780 RC, que se pensa con capacidade para manter a alimentación en condicións de alta humidade, como as habituais en Galicia. Xunto á Cerex, operou tamén unha Rollant 630.

rotoempacadora

O evento completouse coa exposición dunha ampla gama de tractores e telescópicas, adaptadas a todas as necesidades. Na presentación do evento, o equipo de Claas Ibérica incidiu no camiño de profesionalización que leva a agricultura, cun futuro no que a intelixencia artificial e mesmo os tractores autónomos irán gañando protagonismo.

claas lalin grupo

O acto estivo presentado por Arturo Castaño, director de marketing de Claas Ibérica, e contou coa intervención dun amplo equipo de Claas Ibérica para comentar as distintas áreas de produto: Fernando Igualador (colleita), David Sánchez (tractores) ou Paula Valencia (Claas Connect), entre outros.

Asistente ó evento nun dos tractores.

Asistente ó evento nun dos tractores.

Claas Connect é a plataforma dixital da marca, orientada por un lado á xestión da maquinaria (telemetría, alertas, documentación, asistencia…) e por outra banda, á xestión das parcelas (autoguiado, mapas de rendemento, etc.). A marca está ofrecendo formación periódica en todas as comunidades para os seus clientes sobre Claas Connect e agricultura de precisión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *