Cita para os amantes da apicultura este sábado en Arzúa na xornada “Máis que mel”

A cooperativa Erica Mel e Máisquemel organizan este sábado, 4 de xuño, en Arzúa a xornada “Máis que mel”, na que se divulgará información sobre o mundo das abellas e os seus produtos.

Os apicultores e apicultoras que asistan poderán participar nunha interesante mesa redonda sobre o potencial que temos nos montes de Galicia para o aproveitamento apícola, basada na publicación editada recentemente por Frouma “Manexo de masas vexetais para a apicultura”. Para iso, contaremos coa presenza das persoas autoras da publicación: Suso Asorey, biólogo e divulgador apícola, Rebeca Vázquez, bióloga, e Diego Sánchez, técnico de Frouma e do Sindicato Labrego Galego.

Ademais, no evento presentarase unha nova línea de produtos chamada “A Botica das Abellas”, froito dunha colaboración entre Erica Mel, o museo O Enredo do Abelleiro de Arzúa e Abella Meiga, unha empresa apícola de produción ecolóxica afincada en Outeiro de Rei. A unión destas entidades de renome no sector apícola galego, dou como resultado estes exquisitos produtos de alta gama, elaborados de forma artesanal cunha selección dos mellores meles de Galicia. Os diferentes formatos, meles crema enriquecidos cos produtos da colmea e meles en ecolóxico, de produción limitada, estarán á venda a partir do 4 de xuño nos establecementos de Erica Mel e o Enredo, así como nas tendas online das respectivas empresas.

Durante a xornada, os apicultores e apicultoras poderán adquirir tamén material apícola a prezos especiais, así como beneficiarse das promocións de produtos da cooperativa, exclusivamente durante esta xornada.

Xunto con este evento, estaba programada a actividade dirixida a público infantil “Máis que Mel e os Bolechas”, que tivo que ser adiada pola previsión de mal tempo. Os organizadores, o colectivo Máisquemel, lamentan o aprazamento e publicarán próximamente a nova data da súa celebración a través da web www.maisquemel.gal.

Xornada Mais que Mel Arzúa 2022 Redes_APRAZAMENTO BOLECHAS

 Máis información:

Máisquemel 981 589 534 / www.maisquemel.gal / info@maisquemel.gal

Erica Mel S.C.G. 981 508 142 / www.ericamel.gal / cooperativa@ericamel.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información