Cita este fin de semana na XXI Feira do Viño de Valdeorras

Publicidade
Cita este fin de semana na XXI Feira do Viño de Valdeorras

Este fin de semana celébrase a XXI Feira do Viño de Valdeorras. A cita será na praza barquense de Viloira e contará coa participación de 20 adegas da comarca.

O acto inaugural terá lugar o sábado 14 pola mañá e o recinto feiral permanecerá aberto en horario de 12,30 a 14,30 horas e de 19,30 a 23,00 horas.

A feira contará cun programa completo de eventos paralelos. Ao igual que en anos anteriores, con anterioridade á feira celebrarase na sede do Consello Regulador unha cata profesional e domingo entregaranse os premios ás bodegas gañadoras neste certame oficial.

Xunto a isto, os días 12 e 13 celebrarase a terceira edición a Ruta dos Pinchos de Valdeorras, que o Consello Regulador porá en marcha en colaboración co Concello do Barco, con AEVA e co centro comercial aberto do Barco. Participan nesta iniciativa un total de 15 establecementos da zona.

Paralelamente, ao longo das dúas xornadas haberá actuacións musicais e actividades dirixidas aos cativos. Tamén se porá en marcha de novo o tren Valdeorras Expreso para facilitar os desprazamentos de ida e volta ata o recinto feiral. O percorrido comprende saídas desde o polideportivo, pasando polo hospital e a praza do Concello ata chegar á Praza de Viloira.

Cartel ilustrador

O cartel ilustrador da feira adapta a última campaña promocional do Consello Regulador que, baixo o lema “Un brinde de sensacións”, xoga coas dúas cores predominantes nas principais variedades de uva na comarca (godello e mencía).

As pingas transmiten fluidez e axudan ao ollo a definir o concepto dunha copa abstracta de viño. Cada pinga representa ás uvas brancas e tintas coidadas con esmero, que son protagonistas dos excelentes viños valdeorreses e que estalan no padal en forma de mil sensacións diferentes.

Adegas participantes na Feira:
1 ADEGA A COROA S.A.T.
2 ADEGA O CEPADO S.L.
3 SOCIEDADE AGRARIA DE TRANSFORMACIÓN ALAN
4 BODEGA COOP. JESÚS NAZARENO S.C.G.
5 BODEGA COOP. VIRGEN DE LAS VIÑAS S.C.G.
6 BODEGAS GODEVAL S.L.
7 ELADIO SANTALLA PARADELO C.B
8 FELIPE MAYO ALONSO
9 GUITIÁN Y BLANCO S.C.
10 JOAQUÍN REBOLLEDO S.A.
11 Mª TERESA NÚÑEZ VEGA
12 ADEGA MELILLAS E FILLOS S.L.
13 S.A.T. ADEGA O CASAL
14 QUINTA DA PEZA S.L.
15 BODEGA ROANDI S.L.
16 BODEGAS RUCHEL S.L.
17 BODEGAS SAMPAYOLO S.L.
18 SANTA MARTA S.A.T.
19 VIÑA COSTEIRA S.C.G
20 VIRXEN DE GALIR S.L.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información